martes, 24 de maio de 2011

FESTA FIN DE TEMPADA DO BOIRO VOLEIBOL:

O próximo domingo día 29 de maio no polideportivo de Barraña terá lugar a partires das 11:00h a festa de despedida desta excelente tempada que recén vimos de despedir no seo do Boiro Voleibol. Agardámosvos a todos e a todas co chándal do equipo para poder pasar uns intres xuntos antes de despedirnos ata o vindeiro curso. Pasaremos lista, desde os máis grandes ata os máis pequenos. Non podedes faltar. Para os máis cativos, decir que o sábado 28 a partires das 10:00h se pechará o curso das escolas deportivas municipais deste 2010-2011 nas pistas recén inauguradas na Avda. da Constitución próximas á instalación de "A Cachada". Alí vos agardamos a todos.



FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!

venres, 20 de maio de 2011

FASE DE ASCENSO á 1ª DIV. FEMININA: 3ª XORNADA

Foto xunto co Oviedo Campus Gijón
Último partido da promoción e as nosas saíron a morder como nos anteriores partidos. O xogo era fluído e sempre fomos por diante no marcador ata o punto 22. Un par de boas defensas do contrario e vitoria para as Salmantinas. No segundo e terceiro set o Salamanca manteu o seu nivel de xogo sin cometer moitos erros e defendento todos os nosos ataques, e conseguindo así a súa terceira vitoria e conquistar o título da fase. Unha experiencia máis para todas e a seguir traballando para conseguir outro premio polo traballo da liga. 



Un saúdo tamén ás xogadoras do Gijón polos ánimos no partido e parabéns por esa segunda praza. Gracias tamén á organización da fase en Soria por facilitarnos as cousas (Gracias Mª Ángeles).
Noraboa a todas as xogadoras do Proboin. Sodes Grandes...

O Proboin ó completo

domingo, 15 de maio de 2011

FASE DE ASCENSO á 1ª DIV. FEMININA: 2ª XORNADA

PROBOIN BOIRO VB 1-3 STO. DOMINGO SORIA
(25-17,20-25,8-25,21-25)

Lance do partido fronte a Soria
E chegou o segundo partido, con un pouco máis de cansancio dos dous equipos. Logo dunha boa comida e unha pequena visita a San Saturio (con plegaria de Rebe incluída) voltábamos ó pabellón con ganas de dalo todo ou todo. Salamanca vencía 3-1 a Oviedo e poñíase por diante na clasificación. Comenzamos o partido moi seguras en todo: ataque, saque, defensa, orden... e pronto nos distanciamos no marcador sin dar ningunha tregua ás sorianas, vencendo cun cómodo 25-17. No segundo set elas apretaron o acelerador e colléronnos en algún que outro despiste pero sin baixar a intensidade do primeiro set. Todo estaba por facer. O terceiro foi para olvidar. Non saía nada, nin remates, nin contrataques... blockout... etc... ainda que loitábamos non saíamos do bache. Todo foi preparao o cuarto e loitalo a morte.  E así salimos dándo todo. O Sto. Domingo defendeu e defendeu e as bolas non daban caído. Ben en ataque e defensa e creando moitos problemas co saque. Así chegamos ata o 21-21, onde catro erros consecutivos deron a victoria final ás locais. Mañá última xornada fronte a Salamanca. Aínda que tocadas, darémolo todo para irnos orgullosas de Soria e pelexaremos por ese terceiro posto. Boas noites, e ata mañá. Ah, gracias a todos os que preguntades e chamades, e nos dades eses ánimos. Unha aperta.


Nas covas de San Saturio

sábado, 14 de maio de 2011

FASE DE ASCENSO Á 1ª DIV. FEMININA: 1ª XORNADA

PROBOIN BOIRO VB 1-3 UNIV.OVIEDO CAMPUS GIJON
(25-23,20-25,16-25,14-25)


¡Ánimo!
Ainda que comezaron ben as nosas rapazas o primeiro partido foron de máis a menos, facendo que os erros cometidos fosen un lastre moi pesado de aguantar. A recepción funcionaba ben e os ataques de María, Luci e Rebe facían moito dano na defensa asturiana que vía como o Proboin dominaba o primeiro set. O segundo foi moi igualado ata os tramos fináis, donde unha serie de erros encadenados deron o triunfo ó Oviedo. Nos dous seguintes os erros das boirenses foron a máis e os acertos en defensa e contrataque asturiano dáballes moita vantaxe nos tramos derradeiros do terceiro, e dende principios do cuarto, onde chegaron a contar con 11 puntos de ventaxe. No seguinte partido as xogadoras do Proboin mediranse ó equipo local, o Sto. Domingo de Soria, que perdeu o primeiro partido nun disputado encontro, fronte ó Salamanca. Agárdanos unha dura xornada pero esperamos sair do bache e enseñarlle tódalas nosas armas ó equipo Soriano. Un abrazo dende Soria.

Fase de ascenso á 1ª división nacional feminina:

Viaxaba no día de onte o primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol a terras sorianas para disputar a promoción de ascenso á 1ª división do voleibol nacional. Coas importantes baixas de  Carolina Cuadros, Anael Gómez e Leonor Lorenzo afrontará o equipo que dirixe Andrés Martínez a aventura en terras castelás. En nome de todo o entorno do Boiro Voleibol desexámoslle ó Proboin e ás súas xogadoras moita sorte para a contenda. O cadro de competición é o seguinte. Ánimo rapazas.

O Proboin pelexará polo ascenso

luns, 9 de maio de 2011

Xente do Boiro Voleibol, Cristóbal Álvarez:

“Este equipo lembroume que xogaba para me divertir”

Cristóbal Álvarez
Un crack. Receptor de elite. Potentísimo saque, ataque intelixente e contundente... Quen entende fala marabillas das calidades técnicas que Cristóbal aporta ao equipo. Este vigués, fichaxe militante do Hipescar fai quilómetros para estar cada venres na Cachada, e xunto cos seus compañeiros, para competir todas as fins de semanas da temporada. Para el paga a pena de sobra; desfruta no club como leva facendo co volei desde os catorce anos. Sendo xuvenil quedou segundo nun campionato de España e xa competía na División de Honor. Pasar pola máis alta competición aportoulle experiencia e calidade e non perdeu a humildade e o saber estar. Agora, totalmente integrado no Boiro desfruta desta etapa de veteranía, e non pecha portas a nada, de cara a estar sempre vinculado ao deporte. O Diablo ten moita guerra que dar no volei boirense.


-(Charo) Onde comezaches a xogar?
-(Cristóbal) Empecei a engancharme en Vigo, co meu irmán. E a verdade tiven moita sorte. Comecei no Atlética, e sendo xuvenil xa estaba na División de Honor. Agora Vigo está algo máis “apagadiño” en canto a canteira. De feito aquí estase bastante máis forte nese aspecto.

-Que che aportou ter pasado pola División de Honor?
-Buff, é unha experiencia encantadora. É algo que me quedará. E sorte que tiven, agora por exemplo escapan da xente de menor altura. Tamén é duro; eu de xuveníl adestraba cinco horas e unha e media pasábaa batendo contra a parede, a tocar. Isto é duro e aburrido, pero perfeccionase moito a técnica. Todos os días adestraba varias horas, ás veces varias sesións. A alto nivel coidaste moito ou olvídate. O complicado é compaxinalo co traballo, é unha pelexa constante, de feito por iso tiven que deixalo. Na Superliga é difícil vivir, é un soldo normal, así que hai que ter algo para despois.
Porén aportoume moito, teño mogollón de amigos de aí, e é o que máis queda.
Tiven moita a sorte de pasar por varios niveis: vivín os topes que creo que podo dar e agora a divertirme, gracias a dios, bastante!

-Cales son as principais diferenzas cun equipo como o Hipescar?
-En canto ao grupo a primeira é o trato. O tipo de persoas. Na Superliga es fichaxe, e tes que cumprir, adestrar a diario. Aquí é divertirse. A xente é incrible, no que máis a gusto me sinto con diferenza. De feito, outro dos mellores foi o Ribeira -onde estiven antes de ir para Vigo-, e algúns de nós xa eramos coñecidos: Andrés, Emilio, Iago, Chicho, Eiras, Migui... Frigu... Que non falte Frigu! Eu quítome o sombreiro ante esta xente. É máis Club o Hipescar que moitos da División de Honor.
A nivel técnico, e isto téñoo falado con Emilio, a diferenza son as horas. Se tivésemos máis horas para adestrar xuntos, o nivel pódese conseguir. A diferenza do volei con outros deportes é unha base técnica moi pulida. A praia aínda che permite un pouco máis de cancha, pero a pista é moi específica.
“É máis Club o Hipescar que moitos da División de Honor”

-Este ano coroácheste campión da Primeira División co Hipescar. Como o viviches?
-Este ano foi incrible, saíunos todo redondo. A única pena que me queda é non ter gañado a fase de ascenso co equipo.

-En praia é máis sinxelo saber os campionatos que perdeches que contar todos os que gañaches.
-Buff, non sei, así de recordar... Ponlle arredor de cinco, prefiro quedar curto a pasarme. E que moitos anos non se fixo campionato galego, e houbo algúns nos que eu competía no de España e non xoguei. Cando empecei non había campionato galego nin nada que se lle parecese. Non sei os campionatos de praia que gañei, pero o que máis me gustou foi a final na Pobra con Frigu. Foi a final máis laureada e divertida da miña vida. En moitas sofres máis, pero aquí foi todo tremendo. Ver a Frigu nervioso, ver como lle cambia a cara, que se pon teso (risas). Nestas cousas tamén valoras o que tes, e o que merece a pena esforzarse por estar nunha competición.

“A final da Pobra con Frigu foi a máis laureada e divertida da miña vida”

-Que ten o volei-praia que todo o mundo fala marabillas?
-Si, e que é unha festa. Houbo algúns campionatos xeniais. Reuniámonos un grupo de xente, non só para xogar, toda a fin de semana. A onde imos? Ao sitio libre, porque xa o enchemos. Isto arroupa e xunta moito. E repite até a xente que só viña ver.
Para fomentar a praia, agora en Vigo entre algúns colegas montamos un club: Volei Praia Vigo, (clubvpv@blogspot.com), para poder facer algo por alí, pedir axudas aínda que sexa para unha rede, para os balóns... Temos tido problemas dada a masificación das praias para ter un espazo, os que había tiráronos abaixo. Está Edu, Diego... En praia sempre xoguei con xente de Vigo, porque era quen tiñas a man, saes do choio, e vas xogar con quen colles polo camiño.

-Chicho chivoume que es o xogador máis completo; bo en defensa, en ataque, e a salvación en momentos complicados. Que cres ti que aportas ao conxunto?
-Este Chicho! Mmm...(dubida) Aporto os anos; experiencia, tranquilidade, e a técnica que aprendín de novo. Sendo moi baixo para competir en División de Honor -non sendo líbero- tes que ser moi hábil tecnicamente. Celso Veloso, que agora adestra as rapazas do Turismo de Vigo, é un fenómeno e foi quen me aprendeu. Eu son “un pelín” máis técnico, máis estrito, que o resto.

-Que che aporta o conxunto a ti?
-O equipo apórtame a felicidade. O último ano en Vigo estaba lesionado, pero fixéronme recobrar as ganas, foron quen me lembraron que xogaba para divertirme.
Aquí hai entrega desinteresada e ganas, hai moita xente facendo cousas, até se nota na actitude da canteira: os xuvenís están atentos, escoitan. Noutros sitios queren xogar pero non adestrar.
Ademais, xa o dixera cando estaba en Ribeira: antes de colgar a camiseta pasarei por Boiro.

-Como se leva a veteranía?
-Os anos xa se notan, igual aguanto máis anos en praia, pero en pista quédame pouco. De todos xeitos nunca fun de pechar portas, e hai moitos xeitos de seguir vinculado ao deporte.

-Unha última curiosidade á que non me resisto: De onde che vén o de “Diablo”?
-(risas) Empezou pola praia. O de diablo é porque teño unha tatuaxe dun demo no brazo. Germán, un rapaz de Noia, nun campionato falou co speaker para que me chamara así, e de aí xa me quedou. A el chamábano Toro Romero, porque é un cachimán. De todos xeitos a comarca barbanzá ten moita tendencia a por motes. Ás veces até esqueces os nomes da xente!
Charo López

domingo, 8 de maio de 2011

COMERCIAL DURÁN 3-2 BOIRO VOLEIBOL
(19-25,25-15,17-25,25-21.15-13)

Entre as mellores de Galicia
Partido longo, emocionante e moi disputado (2h. e 5 min. de partido) no que os dous equipos eran conscientes do que se xogaban e había moitisimos nervios nos dous bandos, e ningún dos dous quería dar o brazo a torcer. Comezaron o primeiro set as nosa un tanto nerviosas comentendo moitas imprecisións en ataque, o que ocasionou que as pontevedresas colleran vantaxe no primeiro tramo do set, que se vería neutralizada na metade do mesmo gracias ós numerosos erros en saque das locais e unha mellora de actitude das boirenses minimizando os fallos en ataque do principio. No segundo set comezaron as boirenses un tanto relaxadas, que fixo que as pontevedresas colleran unha renta no mesmo de principio a fin, levando sen problemas por un claro 25-15. No terceiro set cambiaron as tornas e as boirenses comezaron mais concentradas de man de unha inspiradísima Evelyn que levou o peso do ataque boirense con numerosos acertos, e tamén a unha gran racha de saques de Patri. Estas circunstancias propiciaron que se abrira unha ampla distancia no marcador de comezo a fin. O cuarto set, foi un set moi igualado no que as boirenses querían saír a sentenciar e as pontevedresas non querían ceder, o que fixo que se vira desde o comezo numerosas alternativas no marcador con diferencias mínimas ata o tramo final do mesmo no que o acerto en saque unido a unha dose de sorte, fixo que se anotaran o set por 25 - 21. O tie-break, non apto para cardíacos , disputouse con numerosísimas imprecisións por parte dos dous equipos ocasionado pola lóxica presión que sentían as xogadoras ante a importancia do mesmo, cambiouse de campo con un 8-6 favorable ás pontevedresas. Despois do cambio reaccionaron as boirenses e  situaronse nun 8-12 que semellaba casi definitivo, pero as rapazas do Comercia Durán reaccionaron e déronlle a volta a situación 15-13. Vitoria pola mínima das Pontevedresas nun tanteo final de 101-99 que lles foi insuficiente para remontar unha renda de 4 puntos do partido de ida no que as boirenses conseguiron un 107- 103 gañando a eliminatoria as nosas por tan so 2 puntos de diferencia. Conseguiron así o ascenso á Liga Galega Xuvenil Feminina. Un premio tan merecido coma sufrido das nosas rapazas que empezaron a tempada con un nivel moi baixiño pero que traballaron arreo e gracias a ese traballo para a próxima tempada xogarán na liga na que están os mellores equipos de Galicia. Noraboa.
Crónica de Juan Resúa

xoves, 5 de maio de 2011

Partidos do sábado 7 de maio

COMERCIAL DURÁN-BOIRO VOLEIBOL
(2-3)
(17:00h)-(Partido de volta da promoción de ascenso á liga galega xuvenil feminina)

mércores, 4 de maio de 2011

Campionato de España de volei praia universitario:

Juan Lorenzo "Doc" e Jesús Vázquez "Pivot", xogadores do Boiro Voleibol, representarán á USC (Universidade de Santiago de Compostela) no campionato de España de volei praia universitario que se disputará esta semana na cidade de Málaga tras clasificarse en 3ª posición no campionato galego. Moita sorte para eles e a disfrutar da experiencia. Parabéns.

Jesús e Juan pelexarán na area andaluza

luns, 2 de maio de 2011

CAMPIONATO DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS:

Como xa notificaramos no blog, entre o 26 de abril e o 1 de maio disputouse en Cartagena (Murcia) o campionato de españa de seleccións autónomas nas categorías infantil e cadete, tanto femininas como masculinas. O resultado xeral para a expedición galega foi sobresaínte, conseguindo situar a tódolos equipos participantes no evento entre os oito mellores clasificados. Cabe destacar a gran actuación do combinado cadete feminino que logrou ser campión de España tras derrotar na final a Cataluña por 3-1. Pola súa banda o equipo cadete masculino conquistou a 6ª praza. No tocante ós equipos infantís onde existe representación do BOIRO VOLEIBOL, as rapazas cunha destacadísima Ana Bugallo acadaron a máis que meritoria 4ª praza, quedando ás portas da medalla de bronce. No equipo infantil masculino, no que a presencia de Ismael Martínez por parte do noso clube, axudou a conseguir un gran 7º posto. Parabéns para tódolos xogadores e adestradores, en especial a Ana e Isma por representar as nosas cores na selección galega.