domingo, 30 de xaneiro de 2011

Resultados do 29 e 30 de xaneiro:

XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR
(Benxamíns, alevíns e infantís)



A nosa canteira voltando de Noia
Ata Noia se desplazaron na mañá do sábado os rapaces e rapazas do Boiro Voleibol para competir nesta concentración do deporte en idade escolar. Un bo número de cativos boirenses competiron contra outras escolas deportivas como as de Cee, Noia, Rianxo ou Padrón. Foi unha boa mañá de voleibol para todos na que se apreciou unha vez máis o bo traballo que están a facer o técnicos do Boiro Voleibol cos máis pequenos, demostrando que o futuro do clube está en boas mans.






EMEVE LAB. NUPEL B 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-15,8-25,25-20,12-25,13-15)-(2ª división autonómica masculina)

K1 do Redesyl Boiro Voleibol
Balsámica vitoria a domicilio do equipo filial masculino ás ordes de Antón Pérez que se reencontra co triunfo tralas dúas derrotas da xornada anterior. O Redesyl recuperaba efectivos para esta disputa. O receptor Manuel Pérez "Cholo" viaxaba por primeira vez co equipo tras superar a súa lesión muscular. O encontro foi de ida e volta, con alternativas para os dous bandos pero que caeu en saco boirense por consistencia colectiva nos momentos importantes do partido. Certo é que o equipo mostrou outra cara ben diferente á vista fai sete días, pero deberán facer firme esta situación nas próximas datas con boas actuacións, traballo e compromiso nos adestramentos. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Luis Lustres, Roberto Rodríguez "Tito", Xavier Sarille, Diego Romero, Fran López "Chepe", Antón Pérez e Juan Lorenzo "Doc". Tamén xogaron Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Manuel Pérez "Cholo" e Juan "Mande".

ZALAETA 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(16-25,22-25,18-25)-(1ª división nacional masculina)


O Hipescar en recepción
Contundente vitoria dos rapaces que dirixe Emilio Palacio en terras coruñesas. O Hipescar demostrou unha semana máis que os automatismos e engranaxes do equipo funcionan ás mil maravillas. Non deron opción ós locais en case que ningún momento do partido. Bloqueo ben posicionado e orde táctica na segunda liña facían do K2 boirense o seu punto forte unha semana máis. En canto ó K1 cabe destacar a intelixencia do colocador boirense Iván Souto "Pas" elixindo sempre a mellor opción para o seu equipo. A recepción boirense rozou a perfección un sábado máis, con Cristóbal Álvarez e Manuel Pérez moi atinados nesta tarefa. Causaron baixa para o encontro Iago Vidal por lesión e Óscar Gómez por motivos persoais. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu", Miguel Vázquez, Gustavo Romero e o xuvenil Martín Herrera. Con esta nova vitoria o Hipescar alcanza o liderado da 1ª división nacional grazas ós pinchazos do Club Vigo Voleibol e do Universidade de Valladolid ante CV Rianxo e San Sadurniño respectivamente. Os de Emilio Palacio visitarán o próximo sábado ó equipo vallisoletano dende o máis alto da clasificación gracias a un set average favorable, nun partido que semella vital de cara as aspiracións dos boirenses á acudir á fase de ascenso á liga FEV nacional.

Equipo
J
G
P
PS
SF
SC
PF
PC
Pts
1Hipescar Boiro Voleibol
9
7
2
0
25
13
860
772
16
2Club Vigo Voleibol
9
7
2
0
23
12
794
718
16
3Universidad de Valladolid
9
7
2
0
24
15
866
808
16
4Aule
9
5
4
0
21
17
843
844
14
5C.V. Rianxo
9
4
5
0
18
17
785
774
13
6Zalaeta
9
3
6
0
12
20
704
737
12
7Aldebarán San Sadurniño
9
3
6
0
12
22
722
788
12
8CID Jovellanos
8
3
5
0
15
18
736
725
11
9Auria Vella Voleyourense
9
1
8
0
9
25
668
812
10

BOIRO VOLEIBOL 3-1 MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO
(14-25,25-18,25-18,25-16)-(Liga provincial cadete feminina)

Cómoda vitoria das pupilas de Juan Resúa nun partido que comezaba con dificultades debido ás numerosísimas imprecisións das locais pero que a medida que avanzaba o encontro se correxían e transformaban en acerto en saque, recepción e ataque. Cabe destacar a aportación de Ana Bugallo en ataque xa que se sigue mantendo partido tras partido rondando os 20 puntos (19 hoxe). Polo Boiro Voleibol xogaron: Sheila, Ana, Sara, Alba, Katy e Alejandra. Como reservas esperaban a súa oportunidade Melissa e Andrea.

EMEVE LAB. NUPEL B 3-2 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(25-22,25-22,24-26,18-25,15-11)-(2ª división autonómica feminina)

Agardando o bloqueo Ali, Rebe e Luci
Sorprendente derrota do primeiro equipo feminino na súa visita ó equipo lucense. Comezaba o encontro con moitas dúbidas por parte das nosas, situación aproveitada polo EMEVE para levarse os dous primeiros parciais. Unha situación moi complicada tiñan as de Andrés Martínez entre mans. Conxurábanse neste terceiro set para darlle a volta ó adverso tanteador e gracias á habitual orde defensiva e efectividade no contrataque conseguiron levarse os dous sets seguintes. O tie-break era merecido para ámbolos dous conxuntos. As lucenses do EMEVE aproveitaron mellor as situacións neste parcial e conseguiron definitivamente levarse o partido por un axustado 3-2. Esta vitoria apreta máis, si cabe, a clasificación da 2ª división autonómica feminina na que as boirenses do Proboin siguen mantendo opcións de acudir á fase de ascenso á 1ª división nacional e siguen dependendo de sí mesmas. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, Leonor Lorenzo, Alicia Novoa, María Triñanes, Rebeca González e Carla Castro (líbero).

EMEVE LAB. NUPEL 3-1 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-15,25-22,22-25,25-15)-(Liga galega cadete masculina)

K2 do Reyca
Derrota do equipo cadete masculino do Boiro Voleibol, o Reyca. Os de Andrés Martínez tiveron ó outro lado da rede a un equipo con moita máis experiencia que souberon manter a calma e xogar con máis criterio para levarse o encontro por 3-1. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Xian Pérez, Abel Sánchez, Fran Dieste, Ismael Martínez, Daniel Vázquez e Raul Lojo. Tamén xogaron Lois Vázquez e Oscar Refojo.







BOIRO VOLEIBOL 3-0 MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO
(25-12,25-19,25-20)-(Liga provincial xuvenil feminina)

Vitoria en apenas unha hora de xogo das xuvenís do Boiro Voleibol nesta liga provincial xuvenil feminina. Saíron concentradas en facelo ben as de Juan Resúa, mostrando grandes avances no seu xogo. Unha gran xeira de servicios por parte de Ana Bugallo (11 consecutivos) metía no peto o primeiro parcial para as boirense. Nos dous seguintes a clave estivo no acerto en saque, que impedía ás rianxeiras construir xogadas claras de ataque. Polo Boiro Voleibol xogaron: Patri, Andrea, Ana, Katy, Adriana, Ángela e Iria (líbero). Como reservas actuaron Sheila, Alba, Sara e Sindy.

EMEVE LAB. NUPEL 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-16,25-20,25-20)-(Liga galega xuvenil masculina)

Os xuvenís dos Trillizos en recepción
Derrota dos rapaces ás ordes de Andrés Martínez nesta visita ó EMEVE. Coa importante baixa de Diego Romero para este partido afrontaban os boirenses a sempre complicada cancha lucense. Os continuos erros sumados ó acerto do rival desembocaban nesta dura derrota do Trillizos Boiro Voleibol. Polos nosos xogaron: Ismael Martínez, Martín Herrera, Antón Pérez, Diego García, Miguel Lorenzo, Fran Dieste e Arsenio (líbero). Tamén xogaron Xian Pérez, Daniel Vázquez e Abel Triñanes.

mércores, 26 de xaneiro de 2011

Vídeo CID Jovellanos-Hipescar Boiro Voleibol:


Fin de semana do 29 e 30 de xaneiro:

SÁBADO 29:

XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR
(10:45h, Noia)-(Benxamín, alevín e infantil feminino)

EMEVE LAB. NUPEL B - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Casa do deporte)-(2ª división autonómica masculina)

ZALAETA - HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, PM Sagrada Familia)-(1ª división nacional masculina)

DOMINGO 30:

BOIRO VOLEIBOL - MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO
(10:30h, "A Cachada")-(Liga provincial cadete feminina)

EMEVE LAB. NUPEL B - PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, "Duquesa")-(2ª división autonómica feminina)

EMEVE LAB. NUPEL - REYCA BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, "Duquesa")-(Liga galega cadete masculina)

BOIRO VOLEIBOL - MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO
(12:00h, "A Cachada")-(Liga provincial xuvenil feminina)

EMEVE LAB. NUPEL - TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(12:15h, "Duquesa")-(Liga galega xuvenil masculina)

luns, 24 de xaneiro de 2011

Xente do Boiro Voleibol, Andrés Martínez:

O blog está de estrea. Gracias á colaboración da xornaleira boirense Charo López iremos publicando entrevistas a diferentes persoeiros relacionados co Boiro Voleibol, ben sexan xogadores, adestradores, empresarios, directivos, protagonistas por diversos motivos ou simples achegados á entidade. Con esta iniciativa pretendemos acercarnos un pouco máis á xente que sigue a evolución do noso benquerido club. Moitas gracias Charo pola túa cooperación, para nós é un pracer. En canto á xente do Boiro Voleibol, estade preparados, calquera pode ser o seguinte.

”O volei para min  é unha paixón, unha forma de vida”

Andrés, acompañado de Isma e Rubi
Andrés amaga ao botarlles a pelota aos cadetes, mira para uns e guíndalla a outros para asegurarse de que non hai ningún despistado. E non hai despistados. Sorrí satisfeito, os seus pupilos adestran con ganas. El tamén. Pasa as horas despois do traballo no pavillón da Cachada animado coma os rapaces, mesmo a partir das nove, cando coinciden na pista cun grupo de xente do ximnasio que fai bicicleta estática, e coa música rebotando na mala acústica do polideportivo non pode dar as indicacións con tanta fluidez. Non pasa nada; xesticula máis e continúa, até que as camisetas estean ben sudadiñas.

-(Charo) Adestras infantís, cadetes e toda a rapazada das escolas deportivas. ¿En que aspectos deportivos te centras para estas idades?
-(Andrés) O que máis me interesa nestas idades e que os rapaces desfruten moito xogando e repitan... e se pode ser, que traian ós seus amigos e amigas para probar tamén o voleibol. Unha vez proben xa descubren que é un deporte que engancha, e moito.

-¿Como se fomenta a motivación, nunha mocidade cada vez máis sedentaria?
-Estar diante dun ordenador perde todo o tema persoal, o contacto, as risas, os abrazos... é fácil motivar ós rapaces, xa que todos teñen ganas de moverse. Cos meus pequenos pasa: arrancalos do sofá ou da consola costa un pouquiño, pero unha vez no pavillón non hai quen os pare.

-Con unha boa canteira, ¿dase conseguido un equipo competitivo para o máis alto nivel?
-Sen dúbida. A base de traballo saen eses bos e boas xogadoras. Sempre se pode ter xogadores que dan esa experiencia e bo facer, pero os xogadores da canteira teñen moito tirón e son vitais.

-Tamén adestras ás xogadoras do Proboin, ¿está preparado o equipo para dar o salto á Primeira División?
-Por calidade está preparado e faría un moi bo papel. No caso do compromiso está un pouco coxo penso eu. Pero todo será facer unha enquisa e ver se o grupo estaría comprometido para dar ese salto e aguantar toda a temporada, xa que a primeira feminina é máis custosa, sobre todo no tema dos desprazamentos, por falta de equipos galegos.

-Houbo dúas incorporacións importantes recentemente: Rebeca e Leonor. ¿Moito cambio?
-Elas xa eran xogadoras do plantel do ano pasado, ou sexa que nada de cambio, máis ben un regreso ó fogar.

-¿Que ten o volei, para engancharte durante tantos anos, e sen espectativas de deixalo?(porque non hai espectativas de deixalo, ¿non?)
-Para min é unha paixón... e como tal é a túa forma de vida. Non me vexo sen facer volei, aínda que moitas veces pensara en marchar do país... Cando axudas a moita xente é difícil deixalo, e sobre todo se parte desa xente son os teus propios fillos.

-¿Prefires o de adestrar, ou quedaste con ser xogador?
-As dúas cousas encántanme, pero co tema da idade non se pode, e acabarei adestrando só... pero dentro de moitos anos.

-E, un pouco de carnaza: ¿Hai pique ou non hai pique porque este ano Emilio non che saque de titular?
-Non, para nada. Emilio fai ben o seu traballo e o novo colocador, Iván, é moito mellor para o equipo, e Eiras está traballando moi ben. Aí estamos para o que o equipo necesite. E co “ajetreo” de adestrar equipos varios, pois o tempo non dá para moito máis. 
Charo López

domingo, 23 de xaneiro de 2011

Resultados do 22-23 de xaneiro:

SÁBADO 22:
ALDEBARÁN S. SADURNIÑO 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-16,25-20,25-19)-(Liga galega xuvenil masculina)

Trillizos Boiro Voleibol en recepción
Os nosos xuvenís, estreando o seu novo patrocinio do Hostal "Los Trillizos", padeceu o alto número de baixas no desprazamento a San Sadurniño, xa que non puido contar con Migui, Dani e Diego. Con isto na súa contra, e pese o apoio atopado nos cadetes que se uniron ó equipo, non lograron facer frente a un equipo moi seguro en ataque como é o San Sadurniño. Os nosos mostraron desorganización en defensa, permitindo ó contrario dominar o partido en todo momento, comezando sempre con vantaxes de 3-4 puntos, que logo non se puideron recuperar. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Diego, Romero, Antón, Martín, Adán, Ismael, Abel, Raúl, Dani, Lois, Óscar, Fran e Xian.


ALDEBARÁN S. SADURNIÑO 3-0 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-11,25-15,25-22)-(Liga galega cadete masculina)

Fran e Abel disputan a recepción
En esta ocasión os nosos cadetes do Reyca Boiro Voleibol non coseguiron a vitoria. Os nosos sufriron polos erros cometidos ó largo do partido. O mellor set foi o terceiro, no que o Reyca comezou con 6 puntos de vantaxe, pero voltaron os erros, conseguindo o visitante achegarse no marcador, que se mantivo en empate ata o punto 20, no que o San Sadurniño voltou a adiantarse, acadando a victoria final. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael, Abel, Raúl, Dani, Lois, Oscar, Fran e Xian.





ALDEBARÁN S. SADURNIÑO 3-1 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(18-25,25-23,25-19,25-14)-(2ª división autonómica masculina)

Bloqueo de Luis e Tito arroupados por Alén
Coa intención de manterse nos postos altos da táboa clasificatoria chegaban os homes de Antón Pérez a San Sadurniño, rival que na súa casa multiplica o seu perigo tal e como demostra o resultado. Comezaba o partido cos nosos atinados e confiados no seu xogo. Unha boa recepción permitía ó colocador boirense Luis Lustres efectuar correctamente a dirección do seu conxunto. O resultado caiu no saco do Redesyl cunha cómoda vantaxe de 7 puntos (18-25). Foi neste momento cando o equipo filial do Boiro Voleibol desapareceu completamente do terreo de xogo ferrolano. Continuos erros, ausencia de disciplina defensiva, escasa intensidade e actitude no campo practicamente nula convertéronse en inimigos do cadro boirense para acabar cedendo nos tres sets seguintes. Duro revés nas aspiracións do Redesyl, que en ningún momento do encontro demostrou o potencial do que dispón. Cabe destacar a importantísima baixa de Manuel Pérez "Cholo" por lesión muscular. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Luis Lustres, Alén García, Xavier Sarille, Diego Romero, Antón Pérez, Roberto Rodríguez "Tito" e Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Como reservas estiveron Rubén Taibo "Mechas", Juan "Mande", Adrián Armental "Naranxo" e Fran Outeiral "Magenta".

ALDEBARÁN S. SADURNIÑO 2-3 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(28-26,18-25,20-25,25-23,15-17)-(2ª división autonómica feminina)

Andrés aconsella ás súas
Vitoria importantísima e moi traballada por parte das rapazas do Proboin ante un rival directo que lles serve para encaramarse ó máis alto da clasificación desta 2ª división galega. O encontro estivo marcado pola igualdade na cancha, con alternativas por ambos bandos e emoción ata o último momento do encontro. As de Andrés Martínez mantiveron unha liña uniforme e constante no seu xogo tal e como acostuman, situación que as ferrolanas non superon contrarrestar case que en ningún momento do partido. A batalla ben puido ter rematado no 4º parcial no que as boirenses dominaban a situación por completo pero unhas decisións arbitrais canto menos dubidosas equilibraban a balanza para levar o encontro ó tie-break. Neste xogo definitivo as boirenses deron a cara, demostraron o por qué de ser as xustas líderes da súa competición e levaronse un encontro que o equipo local tiña marcado no seu calendario pola trascendencia do mesmo. Este partido significou o reencontro de Rebeca González coas compañeiras e o seu debut nesta liga. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Rebeca González, Carolina Cuadros, Alicia Novoa e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban Sara Martínez, Leonor Lorenzo, ¡Noraboa rapazas!

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Proboin Boiro Voleibol981026677361617
2San Sadurniño972024976163216
3Emeve Lab. Nupel B972022970865116
4Voley Arteixo862020865752414
5Calasancias Coruña B9450131964270613
6Comercial Durán8440161364761912
7Autos Rico UDC A9360132068273512
8XAV Cambados927092364174111
9CD Conxo8260102264471710
10Dompa Gestión80800243866008

SAN SADURNIÑO 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(14-25,22-25,16-25)-(1ª división nacional masculina)

Equipo inicial do Hipescar en Sansa
Brillante e contundente vitoria do primeiro equipo masculino nunha historicamente complicada cancha como é a do San Sadurniño. O xogo do Hipescar rozou por momentos a perfección. Moi boa recepción, construcción exquisita e contundente ataque por tódolos carrís. Comenzaba o primeiro set cun dominio absoluto dos nosos. K1 case perfecto sen cometer erros. En canto o K2 resultou desesperante por momentos para o rival xa que eran incapaces de facer puntos fáciles de ataque. O desenlace deste primeiro parcial sería de 14-25. No segundo set comenzaban os nosos un pouco máis relaxados, situación que os locais aproveitaron para conseguir unha suculenta renta de 7-2. Con moita tranquilidade, personalidade e orde defensiva para provocar boas situación de contraataque o Hipescar conseguía darlle a volta a este tanteador para colocar o 10-10 no luminoso. O desenlace do set foi dominado de novo polos nosos, rematando cun 22-25 final. No terceiro e definitivo, os de Emilio Palacio volveron ó camiño do primeiro xogo. Orde táctico e seriedade en tódalas accións de K1 signifiaron unha clara vantaxe neste parcial (16-25) para matar o encontro. Boas novas para o Hipescar chegaban dende León xa que o AULE doblegaba como local ó Universidade de Valladolid por un axustado 3-2. Esto significa que os nosos están a tan só unha vitoria do liderado da 1ª división nacional tendo toda a 2ª volta por diante e desenvolvendo un xogo que lles permite ser optimistas de cara o futuro. Polo Hipescar xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez (xuvenil) e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas actuaron Miguel Vázquez, Gustavo Romero, Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu" e Martín Herrera (xuvenil).

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Club Vigo Voleibol B871023973364115
2Universidad de Valladolid8710231279071015
3Hipescar Boiro Voleibol8620221378371614
4Aule8440181572974112
5CV Rianxo8350151771071311
6CID Jovellanos8350151873672611
7Zalaeta8350121764866211
8San Sadurniño826092162571210
9Auria Vella Voleyourense81707225656989

BOIRO VOLEIBOL 3-0 CD CONXO
(25-21,25-18,25-14)-(Liga provincial cadete feminina)


Partido no que as nosas foron de menos a máis (tal e como indican os parciais). Comezaron o primeiro set con moitos erros tanto en saque como en recepción e que se levou gracias a unha racha de saques de Melisa no tramo final do mesmo. No segundo e no terceiro set foise a mais levando ámbolos dous con moita facilidade gracias a boa recepción e defensa en conxunto e o acerto en saque (sobre todo de Ana Bugallo). Esta circunstancia propiciou facer trocos para que xogaran todalas xogadoras. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sara , Alba, Melissa, Ana, Sheila e Katy. Como reservas actuaron Lara e Andrea. (Crónica de Juan Resúa)
DOMINGO 23:
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV VAGALUME
(18-25,17-25,12-25)-(2ª división autonómica)

Plantel do Redesyl no 2010-2011
Incomparecencia boirense. Este podería ser un bo titular que resume o que aconteceu esta mañá de domingo no polideportivo de "A Cachada". Cómoda vitoria para o conxunto de ferrolterra que demostrou unha vez máis que sempre é un equipo a ter en conta nesta competición autonómica. Os de Antón Pérez careceron de chispa, personalidade e actitude deportiva no que se antoxaba "encontro trascendental" de cara as aspiracións do equipo nesta tempada 2010-2011. Continuas imprecisións froito da non concentración, erros infantís máis propios dunhas categorías máis tempranas e nula predisposición para a práctica do voleibol desencadearon nunha clara e contundente vitoria visitante por 0-3. Certo é que o Redesyl contaba coas importantes baixas do seu colocador Luis Lustres e o recepor Manuel Pérez pero en ningún momento deron a impresión de poder danar ó equipo visitante. Dura derrota, pero os rapaces de Antón Pérez deberán afrontar a situación con seriedade, traballo e humildade para tornar os acontecementos no futuro. Moito ánimo rapaces, podedes. Polo Redesyl xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Juan "Mande", Rubén Román Vidarte, Fran Outeiral "Magenta", Antón Pérez e Diego Alcalde (líbero). Como reservas agardaban a súa oportunidade Xavier Sarille, Roberto Rodríguez "Tito", Diego Romero e Adrián Armental "Naranxo".


VOLEIBOL DUMBRÍA 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 25-17, 25-22)-(Liga provincial xuvenil feminina)

Evelyn, Adriana e Katy na rede en Dumbría
Non puideron as nosas coas de Dumbría. O primeiro set comezaba moi ben, manténdose as de Boiro diante no marcador ó aproveitar os erros das visitantes, ata a metade do set no que se deron a volta nos roles, cometéndose os fallos por parte das boirenses, e levándose o set as de Dumbría. O segundo set foi dominado polas locais e marcado polos erros do Boiro, sobre todo en recepción. O mesmo pasou no terceiro set, no que as nosas conseguiron acercarse algo máis no marcador gracias a unha racha de saques, pero non foi suficiente para conseguir a vitoria. Polo Boiro Voleibol xogaron: Patri, Adriana, Angela, Katy, Evelyn, Ana e Sheila (líbero). Tamén xogaron Andrea, Rocío e Sara