venres, 8 de xuño de 2012

CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA DE VOLEI PRAIA EN BARRAÑA:

Xian (bloqueo) será un dos 7 boirenses convocados
O areal boirense de Barraña será unha vez máis o epicentro do volei praia galego esta próxima fin de semana. As seleccións galegas de categorías inferiores (sub-15, sub-17, sub-19 e sub-21) femininas e masculinas exercitaranse sábado 9 e domingo 10 en doble sesión para preparar ás parellas que representarán á nosa comunidade autónoma nos campionatos estatales desta modalidade. Nesta concentración teremos representación boirense con sete xogadores e un técnico. Emma Ordóñez, Ana Bugallo, Fran Dieste, Xian Pérez, Ismael Martínez, Diego Romero e Antón Pérez serán os deportistas da nosa localidade convocados polos seleccionadores autonómicos. Adrián Alves será técnico de apoio. Confiamos en que a meteoroloxía permita unha plácida fin de semana de volei praia e que os mellores xogadores galegos afinen a súa preparación para desempeñar un bo papel nos campionatos de España.

mércores, 6 de xuño de 2012

O INGENIERÍA TRAZOS CONVIDADO Ó TORNEO DO CD CONXO:

As cadetes non paran. Este sábado torneo en SdC
O equipo cadete feminino do Boiro Voleibol aínda non deu por finalizada a tempada 2011-2012. Deste xeito, o conxunto que dirixe Emilio Palacio segue a traballar coas miras postas no torneo de verán que as boirenses disputarán no Principado de Andorra a finais deste mes de xuño. Como anel ó dedo para preparar este evento chega unha invitación para participar, este sábado día 9, nunha competición que organiza o CD Conxo para equipos de rapazas en idade cadete. Catro serán os colectivos participantes: CD Conxo, CV Padrón, Fisioterapia Cinesia Noia e Ingeniería Trazos Boiro Voleibol competindo os dous primeiros na semifinal das 10:00h e os dous seguintes na semifinal das 12:00h. No serán, a partires das 16:00h terá lugar a pelexa polo 3º-4º posto e dende as 18:00h  xogarase a gran final. Moita sorte rapazas.