domingo, 29 de setembro de 2013

O NÁUTICO NON PUIDO CUN GRAN VIGO NAS SEMIFINAIS DA COPA GALICIA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(19-25, 20-25, 20-25)-(Semifinais da Copa Galicia 2013)

Espectacular aspecto da Cachada, gracias afección
Non puido ser. O afán por repetir a fazaña da pasada temporada eliminando da Copa a un equipo da máxima categoría quedouse definitivamente en nada. Ante un gran número de afeccionados congregados nas bancadas da Cachada, boirenses e vigueses decidiron qué equipo acompañaría ó EMEVÉ na final do torneo. Dende o comezo os olívicos se mostraban moi sólidos. Atinadísimos en bloqueo-defensa e cunha dirección maxistral do seu colocador Eduardo Sánchez non permitían ós locais atopar a maneira de puntuar con certa fluidez. Malia non baixar os brazos en ningún momento do encontro, os de Emilio Palacio víronse superados na tarde de onte pola velocidade de cruceiro vermella, que camiñaba sen fisuras hacia un merecido triunfo. Unha das cruces branquiazuis no encontro foi sen ningunha dúbida os arranques de set, cedendo amplias vantaxes iniciais ó rival e outorgándolle a confianza de remar a favor de corrente prácticamente en todo momento. Agora non hai tempo para lamentos, en tres semanas arranca a aventura da Superliga 2 e hai que correxir erros e afinar a preparación. Ánimo! Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio, Mario Iglesias, Jesús Vázquez e Adrián Alves. Como reservas estaban Ismael Martínez, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Antón Pérez.

mércores, 25 de setembro de 2013

O CLUB VIGO VOLEIBOL DA SUPERLIGA VISITA A CACHADA O SÁBADO 28:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CLUB VIGO VOLEIBOL
(19:00h, A Cachada)-(Semifinais da Copa Galicia 2013)

Imaxe correspondente á semifinal do 2012 en Rianxo
Despois dun longo período de descanso, A Cachada volve esta fin de semana a vivir a festa do voleibol. Cun aspecto renovado gracias á intervención do Concello de Boiro nas últimas datas, o templo do volei boirense volve a estar preparado para unha temporada que se antoxa apaixoante. Deste xeito, as semifinais da Copa Galicia 2013 aterrizan este sábado no renovado piso do pavillón da Cachada para levar a cabo a súa inauguración oficial. Repetindo a semifinal da tempada pasada celebrada no exilio no Municipal de Rianxo, olívicos e boirenses tentarán de gañarse sobre a cancha unha praza para disputar a final do torneo. Na outra semifinal EMEVE de Lugo e Intasa San Sadurniño pelexarán para seguir vivos na Copa e tentar alzarse co entorchado autonómico. Para abrir boca, a partires das 16:30h o noso equipo xuvenil masculino disputará o seu primeiro partido amigable da temporada ante o IES de Ames. ¡Non faltes!

sábado, 21 de setembro de 2013

O NÁUTICO DESFAISE DO FISIOTERAPIA CINESIA NOS 1/4 DE FINAIS DA COPA:

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(20-25, 20-25, 25-19, 19-25)-(1/4 de final da Copa Galicia 2013)

Actuación extraordinaria dos centrais boirenses en Noia
Un ano máis o primeiro equipo do Boiro Voleibol volverá a xogar as semifinais da Copa Galicia despois de desfacerse sen atrancos do Fisioterapia Cinesia noiés. Coas baixas de Emilio Palacio e Miguel Vázquez afrontaban os branquiazuis o seu primeiro encontro oficial da temporada, no que ademais se produxo a reaparición de Narciso Abalo trala súa lesión de nocello. Os puntos iniciais de tanteo entre dous conxuntos faltos de ritmo de competición eran o prólogo dun set no que os nosos tomarían vantaxe a partires da decena de puntos e non abandonarían ata o desenlace do mesmo. No segundo parcial o Náutico mandaba dende o comezo. Jesús Vázquez, Antón Pérez e Mario Iglesias mostrábanse imparables polo medio encamiñando a vitoria parcial que poñía o 0-2 no luminoso. No 3º set o nivel dos boirenses baixou considerablemente. Os noieses, actuais campións da 2ª División Autonómica, agarráronse a unha xeira de servicios do seu colocador Agustín Mourís para deixar sen opcións ós de Boiro. Tras este aviso, os nosos concentráronse en recuperar un nivel que, a pesar de non ser brillante en ningún momento do choque, serviría para clasificarse para as semifinais da Copa Galicia onde agarda o Club Vigo da Superliga de Voleibol Masculina. Como nota positiva do encontro queda, por suposto, a clasificación e o debut co equipo de Superliga 2 dos canteiráns Ismael Martínez, Xián Pérez e Diego Romero. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez, Jesús Vázquez, Antón Pérez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Diego Romero, Gustavo Romero, Xian Pérez e Mario Iglesias.

venres, 20 de setembro de 2013

CHEGA O PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL DA TEMPORADA, COPA GALICIA 2013:

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 21, 18:00h, Polideportivo Alonso Rodríguez)-(1/4 de final da Copa Galicia)

Estrea oficial do Náutico nesta 2013-2014. ¡Sorte!

mércores, 18 de setembro de 2013

CONVIDADO DE LUXO A "XENTE DO BOIRO VOLEIBOL", ÁLVARO MARTÍN RUIZ:

Álvaro, ex do Numancia de Soria
Comienza a jugar con 12 años en el Colegio San José de Soria, donde se creó y se gestó el club que años mas tarde consiguió ganar varias Superligas, Copas del Rey y un Subcampeonato de Recopa de Europa. Durante 4-5 años juega en las inferiores, hasta que decide dar el paso a entrenar a los equipos de base del propio club. Con 19 años llega al primer equipo como 2º entrenador y descubre que quiere dedicarse profesionalmente a este deporte. Ha tenido la suerte de compartir experiencias con muy buenos maestros como Ricardo Maldonado, Fernando Muñoz o José Luis Moltó, de los que ha aprendido muchísimo. Además de estar 10 años al máximo nivel en Soria, también ha participado en varias concentraciones de la Selección Española Junior y Juvenil y en el Festival Olimpico de la Juventud en Turquía en el año 2011.

-(Bugallo) Con el título reciente de  nivel Internacional, ¿te planteas estrenarlo?
-(Álvaro) Siempre me gusta adquirir nuevos conocimientos y estar actualizado, el titulo de entrenador internacional es un paso mas en mi formación y por supuesto que espero tener oportunidad de utilizarlo en un futuro no muy lejano.

martes, 17 de setembro de 2013

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2013-14, ¡XA PODES ANOTARTE!

Papá, mamá, eu tamén quero xogar a volei
Como cada ano co comezo do curso escolar o Concello de Boiro en colaboración co Club Voleibol Cabo de Cruz pon en marcha o programa de EDM. O prazo de inscripción xa está aberto e as oficinas da Casa da Cultura (A Cachada) agardan polos rapaces e rapazas que este ano volverán a disfrutar da maxia do noso deporte. O Boiro Voleibol conta con adestradores titulados co máximo nivel nacional e licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, @s nen@s estarán en boas mans. As obras do polideportivo de A Cachada condicionan a confección dos horarios definitivos e contamos con poder publicalos ó longo da semana próxima. O que si é seguro e que as sesións terán lugar no céntrico polideportivo anexo á piscina, cuestión que facilita a asistencia dos rapaces e rapazas ós adestramentos. Papás e mamás, non dubidedes en deixar ós vosos fillos en mans dos nosos técnicos, formación e disfrute garantizados.

xoves, 12 de setembro de 2013

O NÁUTICO INICIA O ASALTO Á COPA GALICIA 2013 EN NOIA:

Imaxe correspondente á final da Copa Galicia 2012
Xa coñecemos a data do debut en competición oficial do noso primeiro equipo masculino nesta 2013-2014. Os de Emilio Palacio visitarán o Polideportivo Alonso Rodríguez o vindeiro 21 de setembro con motivo da celebración dos 1/4 de final da 2ª fase de Copa Galicia. O equipo anfitrión, o Fisioterapia Cinesia de Noia, recibirá a un Náutico inmerso en pleno período preparatorio para a nova andaina na Superliga 2 que dará comezo o próximo mes de outubro en Palencia. Os outros partidos destes 1/4 de final son: Club Vigo Voleibol (Bye); EMEVE - EMEVE B e CVP Comercial Durán - Intasa San Sadurniño. Do gañador do enfrentamento entre noieses e boirenses sairá o rival do Club Vigo Voleibol da Superliga de Voleibol Masculina nas semifinais dun torneo do que os nosos sairon subcampions a tempada pasada. Para consultar o cadro de competición non tendes máis que premer aquí.