mércores, 30 de outubro de 2013

CHEGA A 4ª XORNADA DAS LIGAS GALEGAS CUN OLLO POSTO EN BARCELONA:

XOVES 31:

CLUB VIGO VOLEIBOL - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, PM de Coia)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - XUVENIL TEIS
(16:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

SÁBADO 2:

MANUELA RIAL MOUZO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, PM Dumbría)-(Liga Galega Infantil Masculina)

VOLEIBOL DUMBRÍA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, PM Dumbría)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

VOLEIBOL DUMBRÍA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, PM Dumbría)-(Liga Galega Cadete Masculina)

MANUELA RIAL MOUZO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, PM Dumbría)-(Liga Galega Infantil Feminina)

ZALAETA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Pav. Instituto Zalaeta)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

ZALAETA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, PM Barrio de las Flores)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

CV AA LLARS MUNDET - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(16:30h, Pavelló Municipal de Carmel)-(Superliga 2 Masculina)

DOMINGO 3:

F.C. BARCELONA - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, Parc Esportiu Llobregat)-(Superliga 2 Masculina)

LOTERÍA DE NADAL DO BOIRO VOLEIBOL. XOGA Ó 58.338:

E ti, ¿aínda non a conseguiches?. Ponte en contacto con calquera membr@ do Boiro Voleibol (xogadores, membr@s da directiva ou adestradores) e únete ó carro do 59.338. O poseedor de dito boleto xoga a cantidade de 4€ ó número anteriormente citado no sorteo da Lotería do Nadal que se celebrará o vindeiro 22 de decembro. Por si fora pouco, si o premio gordo coincide coas cifras dos números que se reflexan na parte inferior o agraciado gañará unha cesta de nadal con productos típicos destas datas. ¡A colaborar e boa sorte!

luns, 28 de outubro de 2013

NOVA SECCIÓN: EQUIPO IDEAL DO BOIRO VOLEIBOL DESTA XORNADA

Estreamos sección, ¡animádevos a colaborar!
Renovarse ou morrer. O blog estrea sección na que semana a semana iremos recollendo ós xogadores e xogadoras destacad@s nos encontros oficiais que xoguen os nosos equipos en tódalas categorías. Por suposto, aceptamos suxerencias. Nas entradas das crónicas podedes propoñer nomes a ter en conta para engadir ó 7 ideal de cada xornada. Animádevos a participar. Os elixidos desta semana son: colocador, Rubén Martínez: excelente director e un seguro de vida dende a liña de saque . O colocador infantil colaborou de maneira activa na primeira vitoria do noso equipo cadete na LGCM. Oposto, Diego Romero: baluarte ofensivo e puntal en bloqueo do equipo filial masculino na vitoria dos de Adrián Alves ante o Xiriavolei. Receptoras, María Triñanes e Rebeca González: os canóns do primeiro equipo feminino. Versatilidade e efectividade máxima en ataque. As dúas canteirás do Boiro Voleibol abandeiraron a vitoria ante o Xuvenil Teis. Centrais, Christopher Rodríguez e Lois Vázquez: o primeiro, que tamén desempeñou roles de receptor no encontro do sábado, destacou en labores ofensivas a axudou a desestabilizar o entramado defensivo do Xuvenil Teis no encontro cadete. Pola súa banda, Lois (xuvenil de 1º ano), conseguía romper a monotonía ofensiva na primeira vitoria ligueira do filial masculino. O posto de líbero ten un claro dono nesta xornada. Felipe Resúa "Brasi" regresou tras dúas tempadas de descanso á disciplina do Boiro Voleibol e fíxoo pola porta grande, con vitoria en tres sets ante os carballeses do Xiria.

sábado, 26 de outubro de 2013

3 TRABALLADAS VITORIAS ADORNAN A TARDE DE VOLEI VIVIDA NA CACHADA:

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 XIRIAVOLEI
(25-15, 25-15, 25-22)-(2ª División Autonómica Masculina)

Felipe "Brasi" volveu con vitoria ás canchas
O Redesyl, equipo filial masculino do Boiro Voleibol, conseguiu os 3 primeiros puntos da temporada na súa estrea ligueira como local. A vítima, o Xiriavolei de Carballo que se presentou na Cachada con tan só 6 xogadores, pouco puido facer nun encontro no que pagaron caros os seus erros en especial de saque. Os primeiros compases do choque describían á perfección a que sería a historia do partido. Os visitantes buscaban desesperadamente os remates dun dos seus centrais, xogador que no primeiro punto do encontro daría o susto tras unha torcedura de nocello e faría pensar momentáneamente na suspensión. Todo quedou en nada, xa que este xogador sería o baluarte ofensivo dos verdes durante todo o partido. Os nosos, malia que melloraron o seu xogo respecto ó ofrecido na súa visita ó Municipal de Ames, non tiveron unha actuación brillante. A asignatura pendente do equipo continúan a ser os erros non forzados, protagonistas especialmente durante o terceiro set. Os de Adrián Alves tiveron o total control do encontro, feito que permitiría a participación de tódolos xoves que integran o equipo B. Como anécdota destacada do encontro queda a volta de Felipe Resúa á disciplina do Boiro Voleibol tralo paréntese deste de case que dúas tempadas, benvido Brasi. A vindeira semana toca descanso, oportunidade inmellorable para correxir erros e volver á liga como un equipo máis competitivo. Polo Redesyl xogaron: Ismael M., Diego R., Adrián G., Adrián A., Lois V., Fran D. e Felipe R. (líbero). Como reservas comezaron Daniel V., Pablo R., Xian P., Juan O. e Óscar R.

xoves, 24 de outubro de 2013

ESTE SÁBADO 26 DE OUTUBRO O VOLEI VOLVE Á CACHADA. ¡NON FALTES!

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - XUVENIL TEIS
(16:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Maculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - XUVENIL TEIS
(16:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - XUVENIL TEIS
(17:30h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - XIRIAVOLEI
(19:00h, A Cachada)-(2ª División Autonómica Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - XUVENIL TEIS
(19:00h, A Cachada)-(2ª División Autonómica Feminina)

domingo, 20 de outubro de 2013

4 VITORIAS E 5 DERROTAS NA XORNADA DO DEBUT DO NÁUTICO EN SM-2:

CYL PALENCIA 2014 3-0 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 25-19, 25-19)-(Superliga 2 Masculina)

Bloqueo de Mario e Iván a Carlos Jiménez
Non puido ser. A estrea do noso primeiro equipo masculino na categoría de prata do voleibol español saldouse definitivamente con derrota nesta visita ó Estadio de la Juventud palentino. A selección española júnior que dirixe Ricardo Maldonado mostrou un ritmo competitivo maior ó dos boirenses e apoiados nunha gran actuación dos seus receptores José María Giménez (21 puntos) e Carlos Jiménez (14 puntos) conseguiron, non sen atrancos, doblegar ós nosos en algo máis dunha hora de xogo. Pódese dicir que os tres sets estiveron cortados por un mesmo patrón. Igualdade máxima con alternancias de dominio para ámbolos dous conxuntos ata ben avanzados os parciais (máis alá do punto nº 15). Era neste momento cando o servicio local facía dubidar á recepción branquiazul permitindo posicionarse con maior precisión á defensa palentina á par que aumentaba a efectividade do seu bloqueo. Os 6 puntos directos de saque do receptor ciezano J.M. Giménez foron determinantes para darlle a tranquilidade necesaria ó xoven equipo castelán. Tres-catro puntos de ausencia boirense eran máis que suficientes para imposibilitar a reacción ante un equipo que mostrou unha gran estabilidade ó longo de todo o choque. Esta foi a clave. Á vertixinosa velocidade de balón que os locais imprimían no seu xogo uníuse que os de Emilio Palacio non conseguiron prolongar no tempo o nivel de inicios de set, pagando coa derrota a súa primeira batalla na SM-2. Outros resultados da xornada foron: CVAA Llars Mundet 3-0 Intasa San Sadurniño (25-15, 25-17, 25-22); CV Mediterráneo de Castellón 1-3 CDV Textil Santanderina (25-15, 19-25, 18-25, 17-25); cvleganés.com 3-1 F.C. Barcelona (20-25, 25-13, 25-19, 25-21). Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Emilio Palacio, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez, Mario Iglesias, Jesús Vázquez e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Narciso Abalo, Miguel Vázquez, Gustavo Romero e Antón Pérez. Podes consultar a estadística do encontro premendo aquí.


xoves, 17 de outubro de 2013

A ESTREA DO NÁUTICO NA SM-2, PROTAGONISTA DESTA NOVA XORNADA:

STA. Mª DEL MAR - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 19, 10:00h, Colexio Sta. Mª del Mar)-(Liga Galega Cadete Masculina)

LICEO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 19, 10:30h, Colexio Liceo La Paz)-(Liga Galega Cadete Feminina)

STA. Mª DEL MAR - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 19, 11:30h, Colexio Sta. Mª del Mar)-(Liga Galega Infantil Masculina)

LICEO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 19, 12:00h, Colexio Liceo La Paz)-(Liga Galega Infantil Feminina)

IES DE AMES - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 19, 16:00h, PM Ames)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

IES DE AMES - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 19, 16:00h, PM Ames)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

CYL PALENCIA 2014 - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 19, 17:30h, Campo de la Juventud)-(Superliga 2 Masculina)

CV BRUXAS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 19, 18:00h, PM Ames)-(2ª División Autonómica Feminina)

AMES VOLEIBOL - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 19, 20:00h, PM Ames)-(2ª División Autonómica Masculina)

sábado, 12 de outubro de 2013

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA NA CACHADA (12-10-2013):

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 CALASANCIAS CORUÑA
(25-14, 25-12, 25-13)-(Liga Galega Infantil Masculina)

Pablo Nieto atacando a defensa do Calasancias
O carrusel de partidos da mañá do sábado na Cachada arrancaba con boas novas xa que o noso equipo infantil masculino conseguía poñer a salvo os primeiros dous puntos en xogo da temporada desfacéndose dos herculinos do Calasancias en tres sets. Nada facía presaxiar os malos resultados dos encontros posteriores tras este choque de claro dominio local. A vitoria boirense estivo en todo momento fóra de perigo polo que o preparador local puido repartir puntos de xogo entre tódolos rapaces, incluindo ó debutante Pablo Dieste. Dende ben cedo o servicio branquiazul facía que os nosos nadaran a favor de corrente e mostraran a súa superioridade en facetas ofensivas da man de case que tódolod seus atacantes. Darío Outeiral e Rubén Martínez dirixiron cunha mestría pouco común en rapaces da súa idade a un equipo que non permitiría reacionar ós visitantes. Con moito traballo por facer e cun novo sistema de xogo aínda por afianzar afrontarán os de Adrián Alves o encontro da vindeira fin de semana ante o Sta. María del Mar coruñés a domicilio. Trala primeira xornada de Liga Galega os nosos cativos sitúanse, ó igual que o Manuela Rial Mouzo de Cee, cunha vitoria no seu casilleiro. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Rubén Martínez, Darío Outerial, Pablo Nieto, Daniel Olveira, Christopher Rodríguez e Álex Velo. Tamén xogaron Manuel Tubío e o debutante Pablo Dieste.


xoves, 10 de outubro de 2013

ARRANCAN AS COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS. ESTE SÁBADO 7 PARTIDOS:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(11:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(11:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(13:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(13:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(18:00h, A Cachada)-(2ª División Autonómica Feminina)

martes, 8 de outubro de 2013

O NÁUTICO VIAXA Ó "TORNEIO INTERNACIONAL V.N. FAMALICÃO" EN PORTUGAL:

A menos de dúas semanas para o arranque da Superliga 2 Masculina, o primeiro equipo do Boiro Voleibol segue coa súa preparación para este novo reto que dará comezo en Palencia o próximo 19 de outubro. Deste xeito, a vindeira fin de semana, os de Emilio Palacio viaxarán á cidade portuguesa de Vila Nova de Famalicao para disputar un torneo internacional que contará coa participación de 3 equipos da II Divisao portuguesa (2ª categoría do país veciño). O obxectivo non será outro que o de adquirir rodaxe competitiva para afrontar o mellor posible a categoría de prata do volei español.  Famalicao é unha cidade pertencente ó Distrito de Braga que conta aproximadamente con 130.000 habitantes. Case que 200 km e 2 horas de travesía separan Boiro deste destino no que se seguirá esta orde do día: o sábado día 12 disputaranse as dúas semifinais, na primeira delas (16:00h) xogarán os organizadores do Famalicense AC contra a AA Coimbra. A segunda (21:00h) enfrontará por un posto na final ó CV Oeiras e ó Náutico Boiro Voleibol. O domingo 13 dará cabida ó 3º-4º posto (15:00h) e á gran final (17:00h). Para esta expedición causarán baixa por motivos de traballo dúas importantes pezas no esquema do preparador branquiazul: o oposto de Cabo de Cruz Narciso Abalo e o receptor boirense Miguel Vázquez. Completarán a convocatoria xogadores do equipo filial e xuvenil aínda por determinar. De seguro que será unha experiencia enriquecedora que servirá para afinar puntería de cara futuros compromisos. O último test antes do debut oficial na SM-2 está servido, sorte rapaces.

domingo, 6 de outubro de 2013

RESUMO DA XORNADA DE AMIGABLES DESTE SÁBADO 5 DE OUTUBRO:

Día de reencontros: María, Sheila e Felipe regresaron á Cachada
Intenso día de volei o vivido este sábado dende primeira hora da mañá na Cachada. As boas novas non tardaban en chegar xa que as xuvenís que dirixe Mario Iglesias desfacíanse por 3-0 (25-20, 25-13, 25-20) das veciñas do Fisioterapia Cinesia Noia nun encontro no que a líbero local Sheila Outeiral voltaba ás canchas cunha actuación máis que atinada. Polas xuvenís xogaban Sara B., Sheila P., Sara C., Katy S., Alejandra G., Antía S. e Sheila O. (líbero). Agardando no banco atopábanse Nuria e Lea G. Non correron a mesma sorte as infantís, que pereceron por 1-3 (12-25, 25-23, 13-25, 17-25) no derbi comarcal ante as noiesas. O potente servicio visitante foi demasiado para un conxunto, o de Emilio Palacio, en fase de total construcción. Polas nosas xogaron: Ada V., Marta S., Laura O., Paula V., Lía V. e Sara. Como suplentes figuraban Irea T., Luciana V., Verónica, Laura P. e Marta C. O segundo triunfo local chegaría no partido cadete tras 5 disputados sets (23-25, 25-23, 25-20, 21-25, 15-11). O boirense un equipo en gran parte infantil acompañado da experiencia de Lea Gatbache, foi quen de competir e derrotar a un equipo mellor dotado físicamente. Polas cadetes xogaban Lea G, Paula V., Irea T., Sara, Lía V. e Laura P. Laura O., Laura S., Luciana V., Marta S. e Ada V. agardaban unha oportunidade dende o banco de suplentes. Tralo parón para o xantar chegaba a xornada de tarde con dous encontros senior. O das 17:30h, que enfrontaba ó noso primeiro equipo feminino ao XAV Cambados nun encontro que significaba o debut das nosas nesta 2013-2014 saldouse cun claro 3-0 (25-18, 26-24, 25-20) favorable ás de Mario Iglesias. As locais mostraron un xogo pragmático, apoiadas por unha defensa efectiva e por un ataque contundente da man da oposta Mariana Díaz e da receptora María Triñanes, que tras un ano no exilio coruñés (Voleibol UDC) regresaba á Cachada para defender as cores do Boiro Voleibol. Polas boirenses xogaban Sara B., Mariana D., María T., Verónica C., Alejandra M., Alejandra G. e Paula (líbero). Como reservas estaban Carla O., Cristina, Sara C., Katy S. e Sheila P. A continuación sería o turno dos rapaces. Os de Adrián Alves non poderían co seu rival noiés e caerían por 0-3 (20-25, 19-25, 23-25) nun encontro no que se competíu de igual a igual ante o actual campión da 2ª División Autonómica. Mención especial merece a actuación do líbero local Felipe Resúa que tralo seu paréntese regresa para axudar ó xoven equipo filial a seguir formándose. Polo Redesyl xogaban: Ismael Martínez, Diego Romero, Adrián Gatbache, Adrián Armental, Lois Vázquez, Fran Dieste e Felipe Resúa (líbero). Como reservas estaban Andrés Martínez, Pablo Redondo, Juan Outeiral, Dani Gey e Óscar Refojo.

venres, 4 de outubro de 2013

MAÑÁ SÁBADO, 5 PARTIDOS DE PREPARACIÓN NA CACHADA. ¡ACHÉGATE!

BOIRO VOLEIBOL - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(11:00h, A Cachada)-(Amigable da Liga Galega Infantil feminina)

BOIRO VOLEIBOL - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(11:00h, A Cachada)-(Amigable da Liga Galega Xuvenil feminina)

BOIRO VOLEIBOL - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(12:30h, A Cachada)-(Amigable da Liga Galega Cadete feminina)

BOIRO VOLEIBOL - XAV CAMBADOS
(17:30h, A Cachada)-(Amigable da 2ª División feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(19:00h, A Cachada)-(Amigable da 2ª División masculina)

xoves, 3 de outubro de 2013

¡O EQUIPO SENIOR FEMININO VOLVE Ó BOIRO VOLEIBOL!

Plantel campión de liga na tempada 2010-2011
A 2ª División Autonómica volverá a contar coa presencia do primeiro equipo do Boiro Voleibol. Exitoso en campañas anteriores como na 2010-2011 onde se proclamou campión de liga baixo o mando de Andrés Martínez, o cadro agora ás ordes de Mario Iglesias volve renovado e pensando en estabilizar un proxecto a medio prazo. A crucense María Triñanes será a única supervivente daquel Proboin que acudira á fase de ascenso a 1ª División celebrada no Paco Paz ourensán. Mariana Díaz, Cristina Fernández, Carla Otero, Sheila Pouso, Verónica Calvo, Alejandra Mato, Andrea Bustelo e Paula Rial completan un plantel no que iremos vendo en moitas ocasións a xogadoras en idade xuvenil. O día do debut en competición oficial será o vindeiro 12 de outubro recibindo na Cachada ó Calasancias Coruña. En nome de toda a familia do volei boirense desexámosvos a tódalas recén chegadas unha agradable benvida e moitos éxitos nesta nova aventura que emprendemos xuntos. ¡Arrancamos!