xoves, 31 de xaneiro de 2013

ESTE SÁBADO 5 ENCONTROS NA CACHADA. OS SENIOR VIAXAN A MADRID:

REYCA BOIRO VOLEIBOL - STA. MARÍA DEL MAR
(10:30h, A Cachada)-(Liga galega infantil masculina)

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL - BIG MAT SUEIRAS SAN SADURNIÑO
(10:30h, A Cachada)-(Liga galega xuvenil masculina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - LANCER ZENALE SAN SADURNIÑO
(12:00h, A Cachada)-(2ª División autonómica masculina)

INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL - ZALAETA
(17:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete feminina)

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - ZALAETA
(19:00h, A Cachada)-(Liga galega xuvenil feminina)

CUV ALCORCÓN - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(19:00h, Pol. Los Cantos)-(1ª División nacional masculina)

domingo, 27 de xaneiro de 2013

O NÁUTICO RECUPERA O LIDERATO NUN ENCONTRO DE ALTO NIVEL NA CACHADA:

CV PONTEVEDRA A 3-0 NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(25-5, 25-10, 25-10)-(Liga galega infantil feminina)

As infantís estrean novo sistema de xogo en Pontevedra
Complicada saída a que tiveron as infantís no seu viaxe a Pontevedra para medirse ás 4ª clasificadas desta liga galega. O cadro boirense estreaba un novo sistema de xogo, o cal en moitos treitos do encontro xeraba desconcerto e incertidume entre as nosas. Pasado o nerviosismo inicial as de Andrés Martínez conseguiron mellorar dun xeito crecente no seu xogo e adquirir a medida que avanzaban os puntos máis e máis orde no terreo de xogo. Deberá seguir o Navales Chicolino traballando neste novo reto para elas que de seguro ofrecerá unha mellor versión de este equipo nun futuro non moi alonxado. Ánimo rapazas. Arestora as nosas pequenas ocupan a 11ª posición da táboa clasificatoria, visitando na vindeira xornada ás 10ª, o Manuela Rial Mouzo de Cee. Polo Navales Chicolino Boiro Voleibol xogaron: Lía V., Ada V., Marta S., Irea T., Lea G. e Laura P. Tamén xogaron Vera e Luciana.

CV PONTEVEDRA 3-1 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 24-26, 25-18, 25-18)-(Liga galega cadete feminina)

As cadetes plantan cara a pesar das baixas
Outro encontro máis as baixas volvían a lastrar ó noso equipo cadete nun partido oficial. Desta volta Emma Ordóñez e a líbero Ángela Alves foron as que non puideron acompañar ás súas compañeiras a terras pontevedresas. O servicio local desequilibraría un primeiro set que estaba a ser moi igualado, pero que tras este importante factor se anotou o CV Pontevedra con relativa comodidade. No segundo as nosas chegaron a situarse con 8 puntos de vantaxe sendo a nosa mellor baza o servicio de Ana Bugallo. Esta renda desaparecería froito das imprecisións e desaxustes das nosas. Tal e como reflexa o tanteador o terceiro e cuarto set eran un calco do primeiro: moita presión por parte das pontevedresas dende a liña de saque e impotencia na construcción das boirenses que malia as boas xeiras de Ana B. dende os 9 metros non podían forzar o tie-break. Polo Ingeniería Trazos xogaron: Ana B., Irea T., Claudia P., Lea G., Antía S., Sara L. Como reservas figuraban Ada V., Marta S. e Lía V. 

CV PONTEVEDRA 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(26-24, 12-25, 22-25, 25-20, 5-15)-(Liga galega xuvenil feminina) 

O Secreto salva o único encontro desta expedición a Pontevedra
Ó igual que no encontro cadete as baixas obrigarían ó preparador boirense Emilio Palacio a reestructurar a súa formación. Comezaba o partido moi parello con ambas escuadras danando ó equipo rival cun bombardeo dende a liña de saque. O maior tino das locais outogaríalles a posibilidade de adiantarse no luminoso. No segundo o dominio boirense foi aplastante. As receptoras Ana Bugallo e Melissa Novoa botáronse o equipo ás costas e a base de potentes remates igualaban a contenda. A terceira e cuarta manga estiveron marcados polas imprecisións. Primeiro as boirenses e despois as pontevedresas aproveitaban os erros non forzados das xogadoras rivais para vencer o parcial. Chegados ó tie-break o servicio boirense marcou a diferenza, brindándolle ás branquiazuis numerosas oportunidades de contra que aproveitaron ás mil marabillas. En O Secreto formaban: Sara B., Isa G., Ana B., Melissa N., Alejandra G., Antía S. e Sheila O. (líbero). Como reserva estaba Sheila P.

CLUB VIGO VOLEIBOL 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-8, 25-11, 25-9)-(Liga galega xuvenil masculina)

O Trillizos mostra a súa peor cara no feudo do líder
Encontro para esquecer do equipo xuvenil masculino na súa visita ó PM de Coia para medirse ó actual líder da liga galega, o Club Vigo Vb. O servicio olívico foi suficiente para desactivar a un Trillizos que acusou a falta de costume dos choques en horario de mañá. O gran hándicap dos de Adrián Alves foi a súa recepción. Condicionado totalmente por pases defectuosos e alonxados da súa posición de referencia tentaba Ismael Martínez reciclar o caudal ofensivo dos boirenses. Esta situación convertía o xogo dos nosos nunha historia escrita que os vigueses xa tiñan lida. O previsible ataque barbanzano era presa fácil do bloqueo-defensa local que apenas se tiña que esforzar para recuperar balóns e culminar contrataques que significaban amplas rendas no luminoso. Polo Trillizos xogaron: Ismael M., Fran D., Alfonso R., Lois V., Xian P., Daniel S. e Abel S. (líbero). Tamén xogaron Daniel V., Dani G., Óscar R. e Adrián O.

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-2 UNIVERSIDADE DE VALLADOLID
(22-25, 25-14, 23-25, 25-18, 15-9)-(1ª Div. Nacional masculina)

Recital de Iván Souto dende a liña dos 9 metros
Encontro apaixoante o vivido a tarde do sábado onde os numerosos siareiros congregados nas bancadas da Cachada viron como o Náutico recuperaba o liderato da 1ª Div. Nacional. A igualdade reinaba nos primeiros compases do choque. Ámbolos dous conxuntos estaban a ser puntuais á súa cita co cambio e as defensas non conseguían facer acto de presencia. Foi nos derradeiros puntos onde os pucelanos, cun pesado servicio flotante, conseguían situarse por diante no encontro cun parcial de 0-5. No segundo set o Náutico foi un rodillo. Cunha gran xeira de servicios do colocador Iván Souto conseguían os de Emilio Palacio unha ampla vantaxe inicial de 9-0 que sería clave para o empate dos nosos no tanteador global. Vislumbrábase un novo encontro. As táboas poñían a flor de pel os nervios en ámbolos dous conxuntos que na terceira manga mostraron un espectáculo incrible para deleitar a tódolos presentes no recinto boirense. Defensas imposibles, bloqueos contundentes e accións combinativas en ataque son os descriptores deste axustado set que caíu pola mínima en peto do UVa. A situación era límite para o Náutico. Case que tódalas súas opcións ligueiras pasaban por unha vitoria que arestora semellaba cara non, carísima. Ante a adversidade os branquiazuis volveron demostrar o gran espíritu combativo que atesouran e iniciaron a escalada á cima do partido. Mario Iglesias convertiuse nun xigante ante o que pouco podía facer o bloqueo-defensa visitante e cos seus puntos directos de bloqueo, atenazou os brazos dos atacantes do UVa. Solidez en ataque froito dunha extraordinaria recepción e unha sobresaínte defensa levaron ós branquiazuis a unha vitoria das que fan afección e permiten crer que a triple coroa nesta 1ª Div. Nacional é aínda posible. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Emilio Palacio, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Jesús Vázquez, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Fran Dieste, Antón P., Xian P. e Manuel P.

mércores, 23 de xaneiro de 2013

ENCONTROS PARA ESTA FIN DE SEMANA: O SÁBADO, ¡TODOS Á CACHADA!

SÁBADO 26:

CLUB VIGO VOLEIBOL - TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, PM Coia)-(Liga galega xuvenil masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - UNIVERSIDADE DE VALLADOLID
(18:00h, A Cachada)-(1ª división nacional masculina)

DOMINGO 27:

CV PONTEVEDRA - INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Estadio da Xuventude)-(Liga galega cadete feminina)

CV PONTEVEDRA A - NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Estadio da Xuventude)-(Liga galega infantil feminina)

CV PONTEVEDRA - O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Estadio da Xuventude)-(Liga galega xuvenil feminina)

domingo, 20 de xaneiro de 2013

RESULTADOS DA XORNADA NA QUE O NÁUTICO CEDE O LIDERATO DA 1ª DIVISIÓN:

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 3-0 NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(25-8, 25-12, 25-15)-(Liga galega infantil feminina)

As infantís perecen ante o servicio noiés
Derrota do Navales Chicolino Boiro Voleibol neste derbi rexional ante as noiesas do Fisioterapia Cinesia. Malia derrota pódese dicir que as de Emilio Palacio e Andrés Martínez fixeron un bo papel contando coa baixa da súa xogadora franquicia, Emma Ordóñez, que se atopaba disputando nese mesmo momento o encontro xuvenil. As xeiras en servicio que conseguían manter e prolongar cada vez máis algunha das xogadoras locais poñían moi difícil a construcción do xogo boirense e salvagardaban os dous puntos en peto das noiesas. Tras esta derrota as nosas atópanse na 11ª posición desta liga galega, a tan só unha vitoria das cambadesas do XAV. A vindeira semana complicada misión. Viaxe a Pontevedra para medirse ás 4ª clasificadas que xa se levaron de Barraña o encontro de ida. Ánimo rapazas. Polo Navales Chicolino xogaron: Ada, Lía, Marta, Paula, Irea e Lea. Como reservas atopábanse Vera, Laura Olveira, Luciana, Laura Piñeiro, Celia e Carla.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 1-3 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 20-25, 19-25, 22-25)-(Liga galega cadete feminina)

Paso de xigante cara a permanencia
Importantísimo triunfo das cadetes do Ingeniería Trazos Boiro Voleibol no seu camiño para manter a permanencia na liga galega derrotando a un rival directo co que agora empatan na clasificación na 10ª posición. O encontro non comezaba ben para as nosas. Os erros en ataque do Ingeniería Trazos permitíalles ás locais situarse por diante no luminoso e poñer costa arriba a faena. Desde este momento puidose ver un choque bastante igualado, cun xogo non moi bo por parte das nosas pero si moi efectivo. A superioridade en ataque do dúo formado por Emma Ordóñez e Ana Bugallo fixeron que os tres seguintes parciais e os dous puntos da vitoria viaxasen ata Boiro. A próxima fin de semana vivirase outro partido vital na loita por evitar o descenso onde as branquiazuis viaxarán a Pontevedra coa intención de voltar co triunfo. Polo Ingeniería Trazos xogaron: Emma Ordóñez, Lía Villar, Claudia Pinaque, Sara Lojo, Lea Gatbache, Ana Bugallo e Ángela Alves (líbero). Irea Triñanes, Marta Segade e Paula agardaban unha oportunidade.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(18-25, 18-25, 25-14, 25-21, 13-15)-(Liga galega xuvenil feminina)

A actuación defensiva pon a salvo o derbi xuvenil feminino
Axustada vitoria do xuvenil feminino nun tie-break resolto  con bastante tensión. O Secreto de contado se puxo cun tanteador favorable (0-2), sen cometer erros e demostrando un xogo efectivo. A partir de ahí as boirenses baixaron considerablemente o seu nivel. Os erros en ataque sumados á ausencia de presión que agora sentían as noiesas xogaron en contra das de Emilio P. e Narciso A. que vían como o Fisioterapia Cinesia igualaba e enchía de incertidume o desenlace do choque. Os folgos voltaban ás boirenses no inicio do 5º, onde chegaron a situarse 3-10 no luminoso. Os erros e o nerviosismo volverían a equilibrar a balanza pero a vitoria viaxaría cara Boiro apoiada nunha gran actuación defensiva de todo o equipo en xeral e de Sheila Outeiral en particular. Por O Secreto xogaron: Sara Bugallo, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Katy Sampedro, Melissa Novoa, Alejandra Galbán e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Sheila Pouso, Claudia Pinaque e Sara Lojo.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 1-3 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(9-25, 25-22, 18-25, 20-25)-(Liga galega xuvenil masculina)

O Trillizos domina o derbi xuvenil masculino
Cómoda vitoria do equipo xuvenil masculino neste derbi comarcal correspondente á 14ª xornada da liga galega. Malia contar coa baixa do seu xogador máis veterano, Dani Sieira, conseguiron os de Adrián Alves derrotar ós noieses sen maiores atrancos e situarse a tan só unha vitoria da 4ª praza que dá opción a disputar o play-off da competición. O encontro comezaba cun claro dominio branquiazul, moi atinado dende a liña dos 9 metros e cunha construcción sobresaínte. Esta sería a tónica de case que todo o choque excepto no segundo parcial onde o Fisioterapia Cinesia se aplicou en maior medida para empatar o encontro. Tras este tropezo momentáneo o Trillizos retomaría a iniciativa e xa non sacaría o pé do acelerador ata rematar a contenda. Polo Trillizos xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Alfonso Rey, Dani Gey, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero). Como reservas estaban Daniel Vázquez, Óscar Refojo e Abel Sánchez.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-14, 25-14, 25-18)-(2ª división autonómica masculina)

O Redesyl tropeza ante o líder da 2ª división
Derrota en tres sets do equipo filial masculino ante o líder invicto da 2ª división autonómica. Trala convocatoria de varios dos seus xogadores co primeiro equipo no desprazamento a Oviedo, plantáronse os de Adrián Alves no Alonso Rodríguez con tan só tres xogadores en idade sénior e coa intención de facerlles pasar un mal rato ós noieses. Cabe destacar o bo xogo e as gañas que demostraron os noveles xogadores boirenses ante un conxunto superior en ataque e saque. Os sets comezaban con moita igualdade, incluso a veces baixo o dominio dos nosos que, co transcurso dos puntos, vían como a veteranía e a superior condición física actual do cadro de Manu Rodríguez tomaban a iniciativa para anotarse os parciais e poñer a salvo os tres puntos da vitoria. Polo Redesyl xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Juan Outeiral, Alfonso Rey, Miguel Lorenzo e Abel Sánchez (líbero). Como reservas atopábanse Andrés Martínez, Dani Gey, Lois Vázquez e Adrián Outeiral.

SALUS VOLEIBOL OVIEDO 3-0 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 25-20, 25-21)-(1ª división nacional masculina)

Un mermado Náutico perde o liderato en Oviedo
Clara e merecida derrota dos homes que dirixe Emilio Palacio neste desprazamento a terras asturianas para medirse ó Salus Voleibol Oviedo. Coas importantes baixas de Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez, Narciso Abalo e o propio Emilio Palacio por lesión afrontaban os boirenses un complicado encontro no que os locais desactivaron por completo o caudal ofensivo dos branquiazuis. O choque comezaba igualado ata o 14-16 favorable para os nosos. Neste momento o nivel do ataque boirense caíu en picado e os xogadores asturianos aproveitaron os numerosos erros do Náutico para pechar a manga sen maiores atrancos. O segundo set comezaba coma o primeiro. As táboas persistían aproximadamente ata o ecuador do mesmo onde de novo ós boirenses lles custaba sangue, súor e lágrimas puntuar. A defensa ovetense atopábase extremadamente cómoda ante o previsible xogo barbanzano e apoiando nas costas dun dos seus receptores case que a totalidade do seu xogo de ataque conseguían de novo os locais anotarse outro parcial para desequilibrar claramente a balanza deste encontro no seu favor. Emilio moveu as pezas do puzzle branquiazul en repetidas ocasións para tentar de atopar un plan de xogo que lles permitise puntuar con maior facilidade pero non foi posible. Os erros non forzados condearon a un Náutico que vía como un combativo Salus lle arrebataba o liderato da 1ª división nacional ó tempo que o Universidade de Valladolid vencía en San Sebastián ó Bera Bera por un claro 0-3. Os vallisoletanos, que agora aventaxan ós boirenses en un punto, visitarán o vindeiro sábado A Cachada para dirimir un choque vital de cara as aspiracións ligueiras dos nosos. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Miguel Vázquez, Xavier Sarille, Gustavo Romero, Mario Iglesias, Jesús Vázquez e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Rubén Taibo, Diego Romero, Adrián Armental e Antón Pérez.

mércores, 16 de xaneiro de 2013

XORNADA DE DERBIS ANTE O CV NOIA E DESPRAZAMENTO A ASTURIAS:

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA - NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, P. Alonso Rodríguez)-(Liga galega infantil feminina)

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA - O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, P. Alonso Rodríguez)-(Liga galega xuvenil feminina)

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA - INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, P. Alonso Rodríguez)-(Liga galega cadete feminina)

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA - TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, P. Alonso Rodríguez)-(Liga galega xuvenil masculina)

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, P. Alonso Rodríguez)-(2ª división autonómica masculina)

SALUS VOLEIBOL OVIEDO - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(19:45h, P. José Manuel Fuente)-(1ª división nacional masculina)

domingo, 13 de xaneiro de 2013

OS NOSOS EQUIPOS ROZAN O PLENO DE VITORIAS NESTA XORNADA:

NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL 3-2 XAV CAMBADOS
(25-17, 18-25, 17-25, 25-17, 15-12)-(Liga galega infantil feminina)

Destacada aportación de Lea dende a liña de saque
Tras moitos intentos fallidos no que vai de tempada desta volta si puideron as infantís pechar favorablemente un encontro na lotería do tie-break. Comandadas polas veteranas Emma Ordóñez e Lea Gatbache dende a liña de saque conseguiron as de Andrés Martínez anotarse dous valiosísimos puntos para cargar de moral ó equipo e continuar traballando a reo durante os adestramentos da semana. Foi un encontro de ida e volta onde a efectividade dende os 9 metros se traducía en dominio no luminoso por parte dun e doutro equipo. Con esta vitoria as máis pequenas do club sitúanse a tan só unha vitoria das cambadesas ocupando a 11ª posición. A vindeira semana viaxaremos ó polideportivo Alonso Rodríguez de Noia para medirnos no derbi comarcal ó Fisioterapia Cinesia, encontro que se prevé moi parello ó igual que na ida en Barraña (vitoria boirense por 3-2). Polo Navales Chicolino Boiro Voleibol xogaron: Lea, Emma, Marta, Paula, Lía e Irea. Tamén xogaron Ada, Laura Olveira, Laura Piñeiro, Vera, Miriam e Luciana.

INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL 3-1 XAV CAMBADOS
(25-19, 23-25, 25-17, 25-15)-(Liga galega cadete feminina)

Destacadísima aportación ofensiva de Emma e Ana
Vitoria en catro sets do equipo cadete feminino que dirixe Emilio Palacio ante un rival que agora distancia ás nosas en dúas vitorias nesta liga galega. Pódese dicir que a clave do encontro estivo no tino en ataque das boirenses que, lideradas polas súas canoneiras Emma Ordóñez e Ana Bugallo desmantelaban por completo o entramado defensivo das visitantes percutindo con dureza e contundencia nos brazos das cambadesas. Tan só no segundo set, onde a porcentaxe de efectividade das boirenses nesta faceta caíu un pouco, puideron as da comarca do Salnés facer perigar o resultado do choque. Esto non chegou a acontecer. A velocidade de pelota que as nosas xogadoras de banda lle imprimían ó esférico era demasiado para unha defensa do XAV que pouco podía facer para evitar que os dous seguintes sets caeran en peto branquiazul. Polo Ingeniería Trazos xogaron: Ana, Emma, Lea, Antía, Sara, Claudia e Ángela (líbero). Tamén xogaron Marta, Paula, Irea e Lía.

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-0 XAV CAMBADOS ESCUMA
(25-16, 25-19, 25-23)-(Liga galega xuvenil feminina)

As xuvenís compeltaron o pleno de vitorias
Clara vitoria das xuvenís de O Secreto en tres sets. As sensacións por parte das nosas eran unha prolongación das que se puideron ver minutos antes no encontro cadete, baseando nunha notable construcción do ataque as súas opcións de vitoria. O Secreto pisaba o acelerador desde o arranque, deixando claro que as cambadesas deberían estar moi atinadas para levarse algo positivo da Cachada. Melissa Novoa, Emma Ordóñez e Ana Bugallo enviaban ó firme do recinto boirense case que cada balón que lles enviaba a súa colocadora. Especial mención merece tamén a defensa de segunda liña plantexada polas boirenses, faceta que lle brindabadaba moitas oportunidades de break ás de Emilio Palacio. Con estes dous puntos as branquiazuis sitúanse 7ª igualadas a puntos co Calasancias Coruña. Por O Secreto formaban: Sara, Emma, Melissa, Ana, Katy, Alejandra e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Sheila Pouso, Andrea, Isa e Antía.

MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO 0-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 8-25, 20-25)-(Liga galega infantil masculina)

Clara vitoria dos infantís no derbi comarcal da liga galega
Merecido triunfo dos máis pequenos da sección masculina do Boiro Voleibol neste derbi comarcal ante os rianxeiros do Mexillón de Ouro para o que os nosos contaban coa baixa de última hora por lesión de Jorge Sieira. O cambio de esquema que mostraron os de Adrián Alves onde cobra vital importancia a figura do seu colocador e pequeno da saga dos Martínez (Rubén) serviu para derrotar a un rival que na primeira volta se levou os dous puntos da vitoria do polideportivo municipal de Barraña no tie-break. En ningún momento perigou o encontro para o Reyca que tras un intercambio de erros en servicio nos momentos iniciais do choque poñía a directa cara a vitoria mostrando unha das mellores versións do que vai de liga. Destacable aportación en ataque de Pablo Nieto e Álvaro Pérez que complicaron a defensa rianxeira en cada acción ofensiva que acometeron. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Rubi, Álvaro, Pablo, Darío, Christopher e Dani. Tamén xogaron Manu, Álex e Gabriel.

MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-16, 25-20, 25-19)-(2ª División autonómica masculina)

A inseguridade en ataque condea ó Redesyl
Contundente derrota a encaixada polo equipo filial na súa visita ó municipal de Rianxo. Foi un encontro cheo de erros non forzados e imprecisións de todo tipo por ámbolos dous conxuntos. O atenazamento dos boirenses sumado ó status de favorito do conxunto de Héctor Matilla foi unha lousa demasiado pesada para os de Adrián Alves que seguen sen conseguir mostrar nos encontros o nivel dos adestramentos. A gran asignatura pendente no choque da mañá do sábado foi sen lugar a dúbida a estabilidade no ataque. Non conseguían os novos xogadores boirenses encontrar o firme do terreo de xogo rianxeiro imprimindo golpes que inquedasen a defensa local. Con esta derrota sigue o Redesyl pechando a táboa clasificatoria da 2ª autonómica tendo a tiro de pedra ós ferrolanos do Narón Volea. Polo Redesyl xogaron: Ismael Martínez, Diego Romero, Adrián Armental, Xavier Sarille, Antón Pérez, Alfonso Rey e Daniel Sieira (líbero). Tamén xogaron Andrés Martínez, Fran Dieste, Alén García, Juan Outeiral e Xian Pérez.

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 VOLEIBOL BERA BERA (San Sebastián)
(25-11, 25-14, 25-18)-(1ª División nacional masculina)

O Náutico liderará outra semana máis a 1ª división nacional
O Náutico Boiro Voleibol seguirá unha semana máis sendo o líder do grupo norte da 1ª división nacional masculina. Os de Emilio Palacio doblegaron en tres sets ó Bera Bera de San Sebastián nun encontro no que se produxo o debut co primeiro equipo do colocador cadete Ismael Martínez. Os primeiros compases do partido foron de tanteo mutuo. As imprecisións en ambos bandos caracterizaban a contenda ata chegados á decea de puntos no luminoso. Foi neste momento cando os de Emilio Palacio se escudaron nun fortísimo complexo bloqueo-defensa para poñer terra de por medio e gardar no peto o primeiro set. No segundo parcial o numeroso público congregado nas bancadas da Cachada viu como o encontro seguía polos mesmos derroteiros. Os vascos non podían facer fronte a solidez dos branquiazuis na tarde do sábado e vían como se lles poñía a empresa moi costa arriba. Co encontro de cara o preparador local aproveitou para ofrecer minutos a tódolos seus efectivos e apenas mudou a imaxe dun Náutico que non dou opcións ós de José Luis Moltó. Deberemos agardar ó resultado do encontro entre os madrileños de Collado Villalba e o Universidade de Valladolid (Domingo, 13:00h) para coñecer como remata definitivamente a xornada, o que é seguro é que a competición nacional seguirá sendo branca e azul. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Emilio Palacio, Gustavo Romero, Manuel Pérez, Jesús Vázquez, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como reservas atopábanse Ismael Martínez, Miguel Vázquez, Antón Pérez, Cristóbal Álvarez e Xavier Sarille.

martes, 8 de xaneiro de 2013

TRALO NADAL REGRESA O VOLEI. HORARIOS PARA O SÁBADO DÍA 12 DE XANEIRO:

NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL - XAV CAMBADOS
(9:30h, A Cachada)-(Liga galega infantil feminina)

INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL - XAV CAMBADOS
(11:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete feminina)

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - XAV CAMBADOS ESCUMA
(12:30h, A Cachada)-(Liga galega xuvenil feminina)

MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO - REYCA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, PM de Rianxo)-(Liga galega infantil masculina)

MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(11:45h, PM de Rianxo)-(2ª División autonómica masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - VOLEIBOL BERA BERA (San Sebastián)
(18:00h, A Cachada)-(1ª División nacional masculina)

domingo, 6 de xaneiro de 2013

XENTE DO BOIRO VOLEIBOL VOLVE CO PRESIDENTE DE HONRA: JUAN NEPO

“ A filosofía básica do volei queda intacta.....”

Juan Nepomuceno Suárez Lijó, 1954, Abanqueiro; aínda que as circunstancias quixeron que nascera no Pasajes de San Juan –Donosti- onde tantos e tantos mariñeiros coma o Sr. Bautista foron na procura de sustento naqueles tempos.   Licenciado en Historia pola Universidade de Valladolid . Presidente de Honra recén nomeado na asemblea levada a cabo o 28 de Outubro polo club voleibol Cabo da Cruz. O boirense Nepo deixa o seu cargo de presidente executivo, pero segue ligado a esta institución do Boiro Voleibol.. Cantos anos á fronte deste club !!!!!!!

- (Bugallo) Concretamente, desde cando ?
- (Nepo) Llevo en el club dieciseis años, desde agosto de 1996.


-Como foi o primeiro contacto con este club ?
-Mi primer contacto con el volei de Boiro fue de la siguiente manera. El fundador y alma mater del club, Antón Pérez, lanzó un SOS por medio del departamento de deportes del Concello. Había terminado un ciclo y se puede decir que estaba agotado. Gallardo y Triñanes, el de la radio, se pusieron a buscar y como “ Caruso “ me conocía de cuando arbitraba  en Santiago, entre todos se las arreglaron para que recogiera el testigo que me lanzaban.

-Nin te coñecía, pero logo souben que eras de Boiro. Gardo imaxe de Nepo arbitrando volei no Seminario nos campionatos escolares aló polos .... setenta e tantos ?
-Mi actividad en Santiago no era nueva porque ya venía de A Coruña con mi licencia de árbitro y mientras estudiaba en la Universidad, contacté con el servicio de deporte escolar del Movimiento y todos los sábados por la mañana me pateba Santiago haciendo verdaderos equilibrios para llegar a tiempo a todos los campos de juego, el Seminario, La Salle, Peleteiro, un pequeño colegio que llamaban el Juventud, ubicado en la zona de los Concheiros. Esto por la mañana. Por la tarde nos juntábamos los tres árbitros con licencia de segunda y dirigíamos al Universitario cuando jugaba en casa, en su pabellón del Campus Sur, conocido como el Gimnasio, un edificio viejo y frío que aún hoy se mantiene en pie. La verdad es que a nivel escolar se podía jugar los sábados porque la mentalidad era otra y a los maestros de entonces no les importaba disponer de sus horas libres para el disfrute de los chiquillos, incluso ellos mismos se implicaban multiplicándose con equipos de distintos centros. Reservo un hueco en mi memoria para uno de ellos que repartía su actividad entre el Seminario y el colegio de Sordomudos, se llamada Suárez y quizá fue, con otros dos o tres, el principal promotor del deporte escolar en general y del volei en particular.

-Ainda hoxe é un deporte minoritario, daquela non che digo. Por que volei e non outro ?
-Escogí el volei porque en el colegio donde estudié el bachiller había dos profesores de educación física que tenían especial predilección por los deportes minoritarios, uno con el volei y el otro con el balonmano, y como en el centro carecíamos de un campo de fútbol, nos vimos abocados a la práctica de estos deportes. Enseguida se formó un grupo entusiasta por el volei y enseguida entramos a formar parte de la incipiente estructura deportiva y federativa del volei de A Coruña. Yo, como por prescripción facultativa estaba exento de las clases de gimnasia, me incliné por el estamento arbitral, lo que no fue muy difícil pues varios de mis compañeros de colegio eran miembros de la Federación.

-Cambio de saque. Pode parecer , pero non o é,  o encabezado dunha seción nunha revista deportiva. Era parte do xogo cando arbitrabas. Evolucionaron as normas ? Farías outras innovacións ?
-Es cierto que el reglamento evolucionó, sobre todo en busca de una mayor espectacularidad y, sobre todo, en busca de una mayor cuota de pantalla que publicitase el deporte hasta convertirlo en un elemento tan popular, por lo menos, como el baloncesto, aunque esto último todavía está por llegar. Con el cambio de saque, al subir el tanto al marcador, se logró que los partidos tuviesen un duración mínima, pues antes se eternizaban, a no ser que fueras muy bueno y el contrario malo, muy malo. De todas maneras la filosofía básica del volei queda intacta porque dos de los elementos fundamentales del juego, como son el saque y la recepción, siguen inclinando la balanza de un partido. Si antes se podía ganar solo con el saque, hoy, al no pitarse falta al primer toque, esta ventaja se ve compensada con una mejoría y especialización en la recepción con la incorporación de la figura del líbero.

-Os mellores xogadores españois levan uns anos emigrando. As mellores ligas son estranxeiras. Que está a pasar coas competicións en xeral, autonómicas e nacionais ?
-El que los mejores jugadores españoles emigren al extranjero tiene  mucho que ver  con la débil estructura del volei nacional. Aún hoy en dia, después que aquellos pioneros tuvieran que decidir entre marcharse a Italia o abandonar la práctica de su deporte favorito, las ligas se abastecen básicamente de las ayudas oficiales. La débil estructura social, la opción entre cobrar la entrada o ver el pabellón vacío, el escaso apoyo mediático, hacen que las ligas en general sean deficitarias, más si se depende de ayudas oficiales que son escasas y lo serán aún más en los momentos de crisis como los que estamos pasando. Ello hace que las ligas más importantes se vean limitadas a los equipos económicamente más potentes.

-Instalacións. Organización. Economía. Como sobreviviu o Boiro Voleibol ?.  Hai futuro, hai esperanza, medrará ?
-El Club V. Cabo de Cruz, hasta la llegada de Andrés Martínez y su equipo de primera división, era básicamente un club de competiciones base, competiciones escolares, aunque se federasen, que tenían como límite la categoría juvenil. Era una máxima instaurada por su primer presidente y fundador, sobre todo por problemas de logística, pues al salir del nido local para afrontar sus estudios universitarios, era más difícil concertar una programación continuada de entrenamientos. Bajo este prisma no era del todo difícil controlar unos gastos que se limitaban casi exclusivamente al pago del transporte y de las cuotas federativas. Para ello vivíamos prácticamente de la asignación municipal y de la “ caridad “  de ciertas casas comerciales que nos facilitaban la equipación.

-As federacións, o colectivo arbitral, afecionados, sustentadores económicos... que tal estas relacións ?
-Las relaciones a nivel federativo siempre fueron buenas pues no nos distinguimos por ser nunca un club conflictivo. A mí, personalmente, era una situación que nunca me interesó, pues sabía que una de las pautas de nuestra supervivencia radicaba en que la federación tuviese un poco de manga ancha a la hora de retrasarnos en el pago de tasas y cuotas, aunque, también hay que decirlo, mientras controlé personalmente la situación el C.V.Cabo de Cruz siempre estuvo al dia con la federación. En el apartado de aficionados y sustentadores económicos, el punto de inflexión radica en la presencia del equipo de primera, más que la presencia, los logros  conseguidos en estas últimas temporadas. Cuando nuestro cuartel general estaba en el pabellón de Barraña, transitábamos sin pena ni gloria, ni siquiera los padres se interesaban en si les iba bien o no a sus hijos, incluso sé de algunos que ignoraban el tipo de deporte que practicaban. El cambio estribó en la inauguración de la Cachada, allí, poco a poco y movidos por la curiosidad, las gradas se fueron llenando de los clientes de la piscina y la gente comenzó a saber que en Boiro había un deporte que se llamaba voleibol. Sin embargo sigue fallando lo principal, el apoyo de los padres, lo que hace que muchos de los crios que salen de las Escuelas deportivas no continúen por falta de estímulo.

-Vaise cumprir en breve o vixésimo quinto aniversario do club, logros e mágoas baixo o teu mandato.
-En todo el tiempo que estuve al frente del Club pienso que el principal logro fue mantener su estructura intacta, de tal manera que fue capaz de absover los restos de otros equipos que desaparecían, léase Ribeira, léase Noia, léase Rianxo. Más que los logros deportivos, fue que en el tránsito del desierto que supuso la desaparición de los dos primeros entrenadores, pude mantener cohesionado un grupo que se movía por impulsos volcánicos, de ahí que tras la llegada de Andrés Martínez y los restos de su equipo mixto Ribeira-Noia, delegara gran parte de mis funciones para implicarlos en la vida del club. De poco sirvió ya que casi trabaja tanto como antes, pues, a excepción de Andrés, el resto eran totalmente ineficaces, pienso que más por desidia que por otra cosa. El otro tanto que me puedo apuntar es la puesta en marcha y consolidación del Torneo de Navidad, el Torneo de Inocentes, pues siempre se celebraba el 28 de diciembre. Nació como una colaboración con el departamento de deportes y conseguí que fuese un evento independiente operativamente, eso sí dependiendo de la partida presupuestaria que el departamento programa a inicios de año. A mí me interesó pues siempre pude sacarle un pellizco de esa partida para el club y fue, al mismo tiempo, una forma de promocionar a la entidad a nivel federativo, hasta el punto que enseguida los clubes gallegos hacían cola para poder jugar en el torneo. Pienso en que el éxito radicó en el plato caliente que se les ofrecía al término de la sesión matutina, cosa que ningún otro torneo ofreció ni ofrece. Esto también desapareció por falta de interés. En el lado negativo de mi mandato solo puedo añadir mi escaso don de gentes que hizo imposible que los jugadores se implicasen en tareas directivas e iniciativas en beneficio de la entidad. Hay una edad en la que el rasgo característico de la personalidad es el egoísmo, que se puede incrementar o suavizar con la edad. Este egoísmo era palpable sobre todo en la falta de interés por la marcha del resto de los equipos. Esto es un punto a favor de la gestión de Andrés, quien fue capaz de aglutinar en torno suyo, un grupo involucrado surgido de las propias filas de los jugadores.

-Recén se estrearon dous clubs máis de volei no municipio, Barraña Volei Praia e Atlético Boiro, indicativos de expansión neste deporte ? . Competencia ?
-A mi entender no es más que una competencia, sobre todo en el aspecto económico, ya que no están los tiempos para  dar de comer a tres miembros de una misma familia que solicitan un mismo bocado. En el caso del Volei Praia, puedo entender que fuese un requerimiento federativo a la hora de las subvenciones, pero esas mismas subvenciones podían quedar en la matriz con la creación de un equipo, o varios, dedicados en exclusiva a la práctica del volei praia, al fin y al cabo, cuando aparece la federación con algún campeonato gallego, quien acude al rescate es el especialista, o sea Andrés. En cuanto a lo del Atlético Boiro, mucho me habría de reir si las que denunciarion en su momento al gestor, acudieran ahora junto a él.

Estas son algunhas das impresións persoais que nos deixa Nepo, da súa dilatada traxectoria vinculado ao volei e ao Boiro Voleibol . Presidente, moitas grazas e longa e deportiva vida.
Francisco Xosé Bugallo