luns, 28 de xullo de 2014

O NÁUTICO XA COÑECE RIVAIS E CALENDARIO PARA A TEMPORADA 14-15:

A Cachada volverá a vibrar coa Superliga 2 Masculina
Os afeccionados boirenses poderán seguir disfrutando na Cachada da elite do volei nacional. O primeiro equipo do Boiro Voleibol xa formalizou a inscripción, por segunda temporada consecutiva, na categoría de prata do volei español (Superliga 2). CV Mediterráneo de Castellón, CV Melilla, CVAA Llars Mundet (Barcelona), FC Barcelona, CyL Palencia 2016, cvleganés.com, Intasa San Sadurniño e Club Vigo Voleibol serán os 8 rivais dos nosos neste novo reto. Esta mañá coñecíase o calendario da competición: a estrea dos branquiazuis será o 18 de outubro na Cachada ante os debutantes do CV Melilla. Para esta nova andaina a directiva do Club Voleibol Cabo de Cruz volve a confiar nos homes que puxeron ó noso primeiro equipo no panorama do voleibol Español. Emilio Palacio volverá a dirixir a nave boirense e moitos son os xogadores que xa confirmaron a continuidade no proxecto do Náutico: Iván Souto, Narciso Abalo, Gustavo Romero, Manuel Pérez, Miguel Vázquez, Cristóbal Álvarez, Mario Iglesias, Jesús Vázquez, Adrián Alves e o propio Emilio Palacio renovaron o seu compromiso co clube e seguirán defendendo as nosas cores. Non se descarta tamén que nos próximos días se peche a incorporación dalgún outro xogador que complete un plantel que xa non será novato na categoría.