xoves, 29 de xaneiro de 2015

ESTE SÁBADO 31 DISFRUTAREMOS DA NOSA CANTEIRA NA CACHADA CON 6 PARTIDOS:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - LICEO B
(10:00h, A Cachada)-(Liga Zonal Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - SANTA Mª DEL MAR
(11:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - LICEO
(11:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ZALAETA
(17:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - XIRIAVOLEI
(18:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ZALAETA
(18:30h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

mércores, 28 de xaneiro de 2015

JUAN DÍAZ-ROMERAL, NOVO XOGADOR DO NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL:

Juan Díaz-Romeral, foto de Diego Rodríguez
Naceu en Guadalajara o 3 de xuño do 89 (25 anos), mide 2.04m, xoga de oposto e destacou pola súa capacidade anotadora en tódolos clubes onde militou. Ó igual que o boirense Pablo Bugallo formouse como xogador en Palencia, na concentración permanente da selección española xuvenil coa que participou en torneos internacionais e se consagrou como unha das maiores promesas do volei do noso país. Posteriormente pasou a formar parte do Portol Palma Volley (Mallorca) co que chegou a xogar Champions League ante equipos de tanto nome coma o Knack Rosellare belga, ou os italianos de Lube Macerata e Trentino Volley (ver vídeo). Tralo seu paso pola illa o Club Vigo Voleibol fíxose cos seus servizos e tras unhas tempadas rendindo a gran nivel onde chegou a ser chamado pola selección absoluta firmou co EMEVÉ para axudar a levar o proxecto lucense á máxima categoría do voleibol español, e conseguiuno. Hai algo máis dun mes o club da cidade da muralla decidiu prescindir dos seus servizos e darlle a Díaz-Romeral a carta de liberdade, feito que xa lle permitiu debutar co Náutico o pasado sábado en Castellón. Malia levar varias semanas sen xogar co EMEVÉ, Díaz-Romeral segue entre os máximos anotadores da Superliga (5º con 188 puntos), polo que o Náutico contará cun xogador desequilibrante que de seguro marcará as diferencias e que servirá de modelo de referencia para os nosos xogadores máis novos. Agradecémoslle a Juan a súa incoproración desinteresada ó noso proxecto e desexámoslle unha moi feliz estancia en Boiro. ¡Benvido!

OS XOGADORES DO NÁUTICO, PROTAGONISTAS DESTE #7IDEALBOIROVOLEIBOL:

Ata 5 xogadores do Náutico forman neste septeto ideal
Sen lugar a dúbida a vitoria do Náutico en Castellón ante o líder invicto da Superliga 2 Masculina foi o acontecemento da fin de semana, polo que moitos dos integrantes deste septeto ideal corresponden ó noso primeiro equipo masculino. Colocador, Iván Souto: gran labor de distribución a do director do xogo boirense, elevando a un 50% a efectividade ofensiva dos seus atacantes. A maiores, un bloqueo e un ataque, adornan unha meritoria estadística que lle serviu a Pas para formar no equipo ideal da xornada proposto pola Real Federación Española de Voleibol. Oposto, Juan Díaz-Romeral: gran actuación a do alcarreño no que foi o seu debut como xogador do Náutico. 14 puntos de ataque (50% de acerto) e 2 bloqueos directos son as súas credenciais. Receptor 1, Gabriel Del Carmen: MVP da xornada na categoría de prata do volei nacional. Os seus 10 puntos de ataque, 4 bloqueos, 1 ace e un extraordinario 70% de efectividade en recepción convirten a Gaby no mellor xogador da xornada. Receptora 2, Melissa Novoa: destacadísima actuación en facetas ofensivas a da nosa xuvenil tanto no partido da súa categoría como no que disputou coas senior en Cambados. O seu potencial físico permítelle desequilibrar partidos, tal e como sucedeu esta pasada fin de semana. Central 1, Mario Iglesias: con 6 tantos repartidos en 3 bloqueos e 3 puntos de remate (60%) colaborou de maneira activa a deter os potentes envíos dos atacantes levantinos. Central 2, Emilio Palacio: xunto con Mario formou a primeira pedra da muralla boirense, parte vital para posicionar unha defensa que raiou a gran nivel no Pablo Herrera. Os seus números son 2 bloqueos e 2 ataques (75%). Líbero, Irea Triñanes: moi incisiva en defensa tanto no encontro cadete coma no xuvenil. A súa velocidade de desprazamentos danlle a oportunidade de chegar a balóns que outros líberos non poden.

domingo, 25 de xaneiro de 2015

O NÁUTICO INFRINXE AO CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN A SÚA PRIMEIRA DERROTA:

CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(18-25, 24-26, 21-25)-(Superliga 2 Masculina)

O Náutico non estivo só en Castellón
Valiosísimo triunfo o acadado polo primeiro equipo do Boiro Voleibol no seu desprazamento á Comunidade Valenciana para medirse ó líder invicto da Superliga 2 Masculina. O CV Mediterráneo, que ata o sábado só cedera 3 sets en todo o campionato e que hai apenas 15 días se proclamara campión da Copa Príncipe de Asturias, pereceu ante un gran Náutico que por segundo ano consecutivo marchaba cos 3 puntos do feudo valenciano. O encontro comezaba cun tanteo mutuo entre dous equipos que se gardaban moito respeto. Os castellonenses confiaban na altura e potencia de ataque do seu receptor Javier Monfort. Pola súa contra, Gabriel Del Carmen (15 pts) e o debutante coa elástica branquiazul Juan Díaz-Romeral (16) soportaban o ritmo de puntuación boirense para chegar en táboas ó ecuador da primeira manga. Co tanteador igualado e dous equipos que ansiaban golpear primeiro no Pablo Herrera o bloqueo-defensa boirense fixo acto de presencia para poñer a salvo a vitoria parcial para os de Emilio Palacio e crer que a vitoria era posible. No segundo set a igualdade volvía para ser a protagonista ata pasar os tempos técnicos. Fois neste intre cando dous erros na recepción boirense permitían que os locais tomasen unha distancia que semellaba definitiva (24-21). Lonxe de virse abaixo os nosos traballaron a reo para remontar cun parcial espectacular un set que sería unha lanza ó corazón dos valencianos. Co 0-2 o Náutico puido afrontar o panorama con máis tranquilidade. O saque seguía raiando a gran nivel e Iván Souto, Gabriel del Carmen e sobre todo Cristóbal Álvarez desestabilizaban a construcción castellonense para seguir sendo infranqueables en defensa. Froito deste traballo dende os 9 metros chegaría a claves da vitoria neste 3º set, o bloqueo. Os atacantes do CV Mediterráneo envestiron ata en 5 ocasións contra as mans da muralla boirense neste set, que sería o certificado do triunfo por 0-3 na que probablemente sexa a praza máis complicada da categoría de prata. Consulta aquí a estadística do encontro. Polo Náutico formaron de inicio: Iván S., Juan Díaz-Romeral, Cristóbal Á., Gabriel Del C., Mario I., Emilio P. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Narciso A., Germán R., Gustavo R. e Manuel P.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

O NÁUTICO VIAXA A CASTELLÓN PARA MEDIRSE Ó LÍDER DA SUPERLIGA 2 MASCULINA:

SÁBADO 24:

CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, Pabellón Pablo Herrera)-(Superliga 2 Masculina)

XAV CAMBADOS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, O Pombal)-(Liga Galega Cadete Feminina)

XAV CAMBADOS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20:00h, O Pombal)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

DOMINGO 25:

XORNADA DE DEPORTE EN IDADE ESCOLAR
(Desde as 10:00h, PM Municipal e Alonso Rguez. de Noia)-(Benxamín, Alevín e Infantil) 

CV SANTIAGO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, PM Restollal)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

domingo, 18 de xaneiro de 2015

O NÁUTICO REGRESA DE MELILLA DE VALEIRO. RESULTADOS:

CV MELILLA 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 25-21, 22-25, 25-19)-(Superliga 2 Masculina)

Imaxe de arquivo (WWIDDAX)
Derrota do primeiro equipo masculino na súa visita ó continente africano para medirse ó 3º clasificado desta Superliga 2 Masculina. O encontro arrancaba cos de Emilio Palacio moi conectados. A extraordinaria actuación na defensa de segunda liña proporcionaba múltiples situacións de contra que materializaban os atacantes de banda branquiazuis. Deste xeito se chegaba ós tempos técnicos co Náutico mandando no luminoso (3-8 e 15-16) e mostrando unha gran solidez. Foi cun 18-21 favorable cando o panorama se anubrou para os nosos e apareceron erros non forzados puntuais que serían unha lousa demasiado pesada. A derrota parcial na primeira manga, a touro pasado, semella a chave do encontro xa que os ánimos durante o segundo set non foron os mesmos. Agora eran os locais quen, da man dun excelso Noé de Mena (24 puntos), dominaban o xogo no J.J. Imbroda e colocaban un 2-0 no tanteador que semellaba definitivo. Na reanudación o instinto de supervivencia boirense regresou como en datas pasadas. Da man de Gabriel del Carmen (16 puntos), Emilio Palacio (14) e Cristóbal Álvarez (14) conseguiron os boirenses recuperarlle o pulso ó choque e volver a meterse na loita polos puntos. Cando semellaba que o Náutico volvía a dominar a contenda os erros volveron para condealos e deixar os 3 puntos da vitoria en Melilla. Como nota positiva do encontro queda o regreso ás canchas de Iván Souto trala lesión que o tivo apartado do equipo nos últimos encontros. Consulta aquí a estadística completa do partido. Polo Náutico xogaron: Iván S., Emilio P., Gabriel del C., Cristóbal Á., Mario I., Germán R. e Adrian A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Narciso A., Gustavo R., Manuel P. e Miguel V.

xoves, 15 de xaneiro de 2015

O NÁUTICO VOLVE Á COMPETICIÓN VIAXANDO A MELILLA. HORARIOS DESTE SÁBADO:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CV RIBEIRA SACRA
(Sábado 17, 10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CV RIBEIRA SACRA
(Sábado 17, 11:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - TOMYMOBILE SAN SADURNIÑO
(Sábado 17, 17:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO
(Sábado 17, 19:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

CV MELILLA - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(Sábado 17, 20:00h, Pabellón J.J. Imbroda)-(Superliga 2 Masculina)

domingo, 11 de xaneiro de 2015

OS PRIMEIROS ENCONTROS DO 2015 DEIXÁRONNOS OS SEGUINTES MARCADORES:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 CV BRUXAS
(25-14, 25-23, 28-26)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

Melissa Novoa remata ante o CV Bruxas
Vitoria en tres sets do primeiro equipo feminino no encontro correspondente á 12ª xornada da 2ª División Autonómica Feminina que enfrontaba ás da Cachada ó CV Bruxas, equipo perseguidor das de Mario Iglesias na táboa clasificatoria. Tras uns primeiros compases de igualdade o JEALSA distanciouse das amienses no luminoso, gracias a un servicio de calidade, a un bloqueo-defensa atinado e a unhas atacantes de banda inspiradísimas na contra. Parciais tan amplos como un 17-9 pasado o ecuador da primeira manga desencadeaban nunha abultada vitoria parcial (25-14). No segundo set as de Ames melloraron sustancialmente. A súa recuperación en saque e a súa mellor versión en defensa de segunda liña obrigáballes ás boirenses a empregarse a fondo en ataque asumindo máis riscos, situación que se convertía en un bo puñado de erros non forzados. Deste xeito as de Dani García colocábanse cun favorable 9-14 cando Mario Iglesias pediu un tempo morto que sería man de santo para as súas. Era un momento no que as defensas superaban claramente ós ataques e as boirenses souberon xestionar mellor o seu caudal ofensivo para, progresivamente, irse achegando no tanteador ata alcanzar o 19-19. O preparador visitante tentou deter a marcha das nosas cun tempo morto e momentáneamente conseguiuno. Gracias a un bloqueo dunha das súas centrais colocábanse nunha situación envexable e inmellorable para pechar o 2º set e igualar o encontro (20-23) pero de novo os erros non forzados en ataque e a calidade da defensa boirense propiciaban un parcial de 5-0 que colocaba o 25-23 para as nosas. No arranque do 3º xogo as nosas sufriron un baixón de nivel coincidindo en tempo cunha nova recuperación das verdes. O xogo a rachas de ámbolos dous equipos durante todo o partido facía prácticamente imposible presaxiar o desenlace dos sets. Desta volta non foi distinto e o CV Bruxas chegaba cunha ampla vantaxe máis alá da metade do mesmo (9-15) gracias á súa mellor xestión de erros. Tal e como pasou no set precedente as visitantes foron incapaces de aproveitar unha renda que semellaba definitiva (12-18) e viron como as boirenses se facían co triunfo despois dun remate largo por zona 4 dunha das receptoras do CV Bruxas. Polo JEALSA xogaron: Laura M., Mariana D., María T., Rebeca G., Noelia D., Alejandra G. e Verónica C. (líbero). Tamén xogaron Sara B., Melissa N., Katy S., Xiana R. e Sheila O (líbero).

mércores, 7 de xaneiro de 2015

ESTA FIN DE SEMANA VOLVEN AS LIGAS GALEGAS. HORARIOS:

VENRES 9:

XIRIAVOLEI - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(21:00h, Carballo Calero)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

SÁBADO 10:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - AS MARIÑAS OLEIROS
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - AS MARIÑAS OLEIROS
(11:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CVBRUXAS
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - IES DE AMES
(17:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - IES DE AMES
(19:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

luns, 5 de xaneiro de 2015

O REDESYL GAÑA O DERBI DA 2ª AUTONÓMICA ANTE O FISIOTERAPIA CINESIA NOIA:

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(25-27, 18-25, 25-17, 25-21, 15-10)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

O bloqueo do Redesyl volveu a raiar a alto nivel
Importantísimo triunfo o acadado polo equipo filial masculino ante os veciños do CV Noia. Malia as numerosas e importantes baixas que padecían os de Adrián Alves, souberon sobrepoñerse e plantexar un partido moi serio que finalizaría cunha traballadísima vitoria. A igualdade reinaba nos primeiros compases do encontro cando o bloqueo boirense faría acto de presencia para intimidar ós atacantes visitantes. Co 23 iguales un punto de bloqueo do central Borja Vilas outorgaba a primeira oportunidade de set para o Redesyl, neutralizada por un remate do ex Boiro Voleibol Marcos Figueira. Un ataque en diagonal por zona 2 do receptor Xavier Sarille volvía a poñer ós nosos en situación de adiantarse no encontro, máis aínda cando caía en campo boirense un penalti que era desaprovaitado polos nosos que vían como tras dous erros os noieses golpeaban primeiro. Esta derrota parcial fixo dubidar, e moito, ó equipo da Cachada. Neste segundo parcial os de Agustín Mourís dominaron con moita claridade o xogo e non dubidaron para colocarse cun 2-0 que semellaba definitivo. Nada máis lonxe da realidade e os ánimos dos nosos mudaron unha situación que se convertía en crítica durante o transcurso do 3º set cando se produxo a lesión do oposto Xian Pérez. Fran Dieste, Xavier Sarille e Lois Vázquez acompañaron a extraordinaria actuación de Andrés Martínez para consumar unha remontada que deixa ós nosos a tiro de pedra dos noieses, líderes desta 2ª División. Polo Redesyl xogaron Daniel V., Xian P., Xavier S., Diego R., Fran D., Borja V. e Felipe R. (líbero). Tamén xogaron Andrés M., Pablo R., Lois V., Juan O. e Félix R.