domingo, 5 de xuño de 2016

GABRIEL DEL CARMEN EMPRENDE O CAMIÑO Á SUPERLIGA:

Gabriel Del Carmen, en imaxe de arquivo
Gabriel Del Carmen e o Náutico separarán os seus camiños tras dúas tempadas nas que o receptor vigués se consolidou como xogador ata o punto de atraer as miradas de equipos da máxima categoría. A dirección deportiva boirense xa traballa a reo en buscarlle recambio ó punta receptor olívico e na confección dun plantel que compita con garantías por 4ª temporada consecutiva na división de prata do volei español. Os primeiros en confirmar a súa continuidade no proxecto branquiazul foron o colocador Iván Souto e o central Mario Iglesias, nos próximos días podería haber máis novas. En nome de toda a familia do volei boirense queremos desde aquí agradecer a profesionalidade e adicación de Gabi, pola súa fantástica aportación dentro da cancha e sobre todo o polo legado que deixa no eido persoal. A porta de A Cachada sempre estará aberta para ti, moita sorte amigo.